Echenique visita Galicia coa ruta “Atarse los cordones”, preparatorio de Vistalegre II

A ruta enmárcase na xira estatal “Atarse los Cordones”, coa que se deu o pistoletazo de saída ás actividades preparatorias da Asemblea de Vistalegre II, prevista para febreiro de 2017.
Publicado por o día 07/12/2016 na sección de Podemos,Política,Vigo

Echenique visita Galicia coa ruta “Atarse los cordones”, preparatorio de Vistalegre II

Pablo Echenique, secretario de organización de Podemos, chegará a Galicia o vindeiro venres día nove de decembro no marco da ruta “Atarse los Cordones”, que leva ó membro da executiva morada a percorrer o estado para invitar aos distintos círculos e Consellos Cidadáns a participar na próxima asemblea de Vistalegre II, na que os de Pablo Iglesias debaterán o modelo da súa formación despois de rematada a primeira fase, máis electoral, de Podemos. O acto terá lugar ás 18.30 na facultade de dereito da USC.

Carmen Santos, secretaria xeral de Podemos Galicia e deputada no parlamento galego por En Marea, participará tamén no encontro, sobre o que declarou que “é importantísimo darlle voz aos inscritos e aos círculos, para que sexan eles e elas os que decidan como ha ser a súa organización no futuro, unha vez rematado o ciclo electoral constante destes dous pasados anos”.

A ruta “Atarse los Cordones” arrancou en Navarra o pasado 20 de novembro e busca una doble finalidade: por unha banda, servir como incentivo para que as persoas que participan e simpatizan coa organización morada fagan achegas cara ó novo Podemos que sairá do congreso estimado para febreiro; por outra, axudar a clarificar as metodoloxías ao respecto dos procedementos, tempos, etc, construíndo así unha especie de banco de propostas sobre como ha ser o futuro da organización.

A campaña “Atarse los Cordones”, divídese en tres fases:

– Unha primeira fase de elaboración de propostas, que se extenderá como máximo ata o dez de xaneiro de 2017, na que poderán aportar ideas ou iniciativas aquelas persoas inscritas en Podemos ou que participen nalgún dos seus círculos.

– A segunda fase, do día 11 ó 18 de xaneiro, as distintas agrupacións territoriais celebrarán encontros coas persoas que fixeron achegas, para transacionar ou fusionar as súas propostas.

– Na terceira fase, que se estenderá ata o día 25 de xaneiro, todos os círculos validados terán que debater e votar as propostas nunha asemblea presencial, da que dará fe un acta de votacións. Dita acta será remitida ó CCA, que recollerá todas as da comunidade autónoma correspondente e, logo do reconto, escollerá as tres propostas máis apoiadas e as remitirá ó Consello Cidadán estatal para ser incorporadas á recompilación de Podemos estatal que informará a segunda Asemblea de Vistalegre.

Para máis información ou para coñecer en profundidade a metodoloxía completa, habilitouse a páxina web atarseloscordones.podemos.info, onde se pode atopar unha pequena guía de redación de propostas e no seguinte PDF.

Descargar (PDF, 159KB)