Ecoloxistas en Acción denuncia que as talas de árbores do Parque do Castro destruén o patrimonio natural e atenta contra a biodiversidade urbana da cidade, empeorán a calidade do aire e con contribuirán ó cambio climático

Unha obra pública para poñer en valor a fortaleza que pon en perigo o patrimonio natural do parque
Publicado por o día 30/04/2020 na sección de Ecologistas en Acción,Galicia,Medio Ambiente,Social,Vigo

Ecoloxistas en Acción denuncia que as talas de árbores do Parque do Castro destruén o patrimonio natural e atenta contra a biodiversidade urbana da cidade, empeorán a calidade do aire e con contribuirán ó cambio climático

O alcalde de Vigo amosa unha vez máis que é un inimigo declarado das árbores. O pasado anuncio da talla masiva a partir do 20 de abril de 85 árbores por toda a cidade, incluíndo Samil, Manuel Olivié e Gran Vía, se une esta semana a tala masiva de árbores no corazón verde da cidade: o Parque do Castro, parque recoñecido e orgullo da cidade.

Esta semana comezaron as tallas no recinto da fortaleza medieval do Castro, que forman parte das actuacións comprendidas nun proxecto de rehabilitación da muralla da fortaleza financiado polo Ministerio de Fomento. É un proxecto imprescindible para o patrimonio dos vigueses. Un proxecto chamado de “rehabilitación” e posta en valora da muralla do castelo, agocha un intencionado cambio do parque, xa que urbanizará gran parte dos sendeiros e ten coma obra estrela a instalación dun gran sistema de iluminación da muralla e a construcción dunha zona de gradas. A cartel das obras foi instalado a finais de 2019 e os traballos comezaron en xaneiro. Na 7ª semana de confinamento do COVID19 se consuma a destrucción dunha parte moi importante do patrimonio natural do recinto do Castelo. Sen que os vigueses coñezan o que se está realizando neste momento, precisamente na época de nidificación de aves e de maior esplendor das árbores.

A rehabilitación dun patrimonio tan importante coma o Castelo do Castro ten que ser prioritario xa que A fortaleza está catalogada coma Ben de Interés Cultural (BIC) dende 1949. Pero o seu mantemento non pode ser incompatible coa conservación do patrimonio árbóreo e natural do Parque. Enténdese que se teña que valorar a talla de árbores no caso de que afecten estruturalmente á muralla, pero é necesario sempre facer unha valoración experta na que prime a conservación, non a talla e eliminación.

As árbores

O proxecto recolle a intervención sobre árbores xenlleiras, adultas e sas que non supoñen a ameaza de danos estruturais á muralla, salvo un exemplar de acacia negra que creceu pegado á base no leste da muralla. Os outros exemplares afectados son árbores nobles coma carballos americanos, 6 cedros, 2 acacias, un ciprése, un abeto e 3 cerdeiras xaponesas. O Concello comezou a talla destas árbores sen anuncio desta vez, e se descoñece o total de exemplares que se eliminarán.

A riqueza vexetal e faunística é un patrimonio incalculable dada a escasede de zonas verdes na cidade. Non pode ser ignorado e sacrificado para executar unha obra deste tipo, na que debe realizarse unha restauración do monte do Castro con tódolos elementos, naturais e arquitectónicos en equilibrio. A instalación de pantallas reflectoras de luz e o sistema de cableado supón obras de canalización e de electrificación e aportará aínda máis contaminación lumínica a esta cidade. A contaminación lumínica provocada polas industria e zona portuaria se verá incrementada por esta zona superior da cidade poñendo en perigo incluso a certificación de “Destino Starlight” dos ceos do Parque Nacional das Illas Atlanticas, que foron reseñados pola NASA como de gran calidade. O proxecto da obra supón a eliminación de parterres, ancheamento inxustificado de camiños de terra e nova pavimentación dos sendeiros. A vexetación da muralla será eliminada de forma mecánica e química aplicando herbicidas.

Por último, a alcaldía anunciou co nome de “Espazo de encontró” a sustitución dunha zona verde no extremo norte da muralla dunhas gradas, cando na mayoría das ciudades europeas a cidadanía valora os espazos verdes de ocio sen grandes infrasestructuras que eliminen o verde. A grada prevista supón a destrucción da campa e posiblemente o arborado do borde da muralla exterior. A utilización desta zona agacha o uso futuro para espectáculos coma os que se veñen celebrando na noite das “Bágoas de San Lourenzo” nas que se celebran concertos da Orquesta de Múseca Clasica. A observación do espectáculo e da ría requiriría a tala das árbores que tapan a explanada das anclas. O concertó é un uso compatible e loable, pero debería preservarse a contorna e as árbores.

O patrimonio natural como servicio para a cidade: biodiversidade urbana

O Parque do Castro é o parque mais urbano da cidade de Vigo. Os outros parques están nos bordes do casco urbano ou en barrios periurbanos e conservan certa conexión con arterias verdes (río Lagares, beira do mar, parques forestais, parroquias periurbanas). Este parque ten un elevadísimo valor ambiental pola sua biodiversidade natural e ten una grande importancia para a cidade polos os valores paixasísticos do conxunto árbóreo. É un pulmón verde e a derradeira illa verde de suficiente tamaño no centro da cidade. Ten gran potencialidade como área para educación ambiental e achegamento dos cidadáns e nenos á fauna e flora.

Os hábitats do parque albergan a unha comunidade importante de animais. Mais de 45 especies e aves poden ser observadas no parque: paporrubios, pardales e merlos se mixturan con ferreiriños, carboeiros, agateadores e mosquiteros. Se observan periódicamente aves rapaces coma o miñato, falcóns, gavián e o pito real. As aves utilizan ramas, ocos de árbores e a muralla para aniñar. Moitos dos árbores que se talaron tiñan ocos onde aniñaban estas aves. Os búhos foron habitantes do parque e ata vai 5 anos había unha parella de avelaionas que se inlcuso se escoitaban dende a Praza do Rei. Desapareceron cando se talaron os grandes carballos do zona do parque dos patos e da muralla norte. No verán se escoita o canto do autillo. Os muros de pedra son hábitat de moitas especies rupícolas de flora e fauna. Noutros paises son considerados un ecosistema singular e inclusive gozan de protección ambiental pola diversidade que albergan. No caso do castro, ademais de albergar liques, fentos e prantas con frores, serven de refuxio a especies protexidas coma morcegos (existen 3 especies) e aves coma o rabirrubio, e son o derradeiro hábitat da lagartixa galega, dos lagartos arnais e de infinidade de invertebrados coma os insectos polinizadores que teñen un gran papel na natureza e moitos serven de alimento a aves e reptís. Un ecosistema urbano cunha cadena trófica ainda en funcionamiento a pesar das múltiples presións e pérdas nas últimas décadas.

En calquera cidade europea as árbores deste parque estarían blindadas e fortemente protexidas. O “Catálogo de arbores singulares do Concello de Vigo” publicado 1999 pola Concellería de Medioambiente durante o mandato do alcalde Manuel Pérez recompila os exemplares a localización das árbores singulares de Vigo. Unha parte importante das árbores catalogadas se atopan no Parque do Castro. A “Ordenanza Municipal de Zonas Naturais e Espazos Verdes” recolle explícitamente a obriga de protexer as formacións e especies vexetais urbanas. Os responsables actuais do concello de Vigo están incumplindo esta ordenanza municipal que prioriza a conservación do arbolado que se vexa afectado por infraestructuras, obras públicas ou proxectos urbanísticos. Só de forma excepcional autoriza o seu traslado antes que a súa su talla.

A necesidade dun plan experto na xestión do parque do castro nos últimos anos

Durante a última década a xestión da Concellería de Parques e Xardíns se caracteriza polas talas continuas cun ritmo constante en parques, xardíns e bulevares das avenidas, que foi afectando a moitas árbores catalogadas como senlleiras. De forma paralela as obras de humanización contribuiron a desarbolar as rúas pouco a pouco.

As talas de árbores, sobretodo de arbustos e exemplares grandes de árboles caducifolias, son o resultado dunha planificación adicada a facer zoas abertas con céspede. Os propios operarios
confirman que a orde da Concellalía é aclarar o parque. O prioritario é crear zonas abertas de céspede, usando a costosísima herba en rolos que se usa nos campos de futbol, e aclarar as vistas da
muralla. Como se non houbera increíbles miradoiros xa en diferentes puntos do parque, moi apreciados polxs viguesxs para observar a ría e os solpores no verán.

As malas prácticas da Concellería de Parques e Xardíns dentro do contorno da fortaleza do Castro e as malas prácticas das empresas contratadas para mantemento pola Concellería de Parques e
Xardíns na parte exterior da fortaleza do Castro son habituais, Os operarios realizan eliminación de todo tipo de arbustos, eliminación de frores e desbroces mecánizados a hecho con descuaxe do
sistema radical das plantas. A terra queda desprotexida e se erosiona coa chuvia provocando arrastres do pavimento dos camiños. É frecuente ver a contaminación con cintas de prástico que non
son retiradas despois dos traballos de mantemento, o uso de espuma de poliuretano para pegar colares de prásticos de control da procesionaria e erosión de setos e zonas verdes con ferramentas e
tránsito de maquinaria. En 2013 se eliminaron diversas fontes de auga e se dañaron fortemente os tres estanques que usaban anfibios, aves e invertebrados.

O Parque do Castro é a derradeira illa verde que contén un conglomerado de especies de árbores, con exemplares de roble americano de gran porte, diversas especies de píceas e u ha colección de
árbores ornamentais de grande valor e diversos orixes xeográficos. Moitas delas con mais de 80 anos de idade. Na zona superior dentro do recinto amurallado existen árbores adultas de gran porte e catalogadas coma conxunto singular. Na parte inferior do monte do Castro está poblado sobretodo de piñeiros. Sorprendentemente, as tallas continuas se realizaron mayoritariamente sobre as
especies caducifolias de gran e mediano porte. Nos últimos 10 anos se talaron mais de 150 árbores. A utilización do término “arbores enfermas” se utiliza de forma continuada coma escusa para talar árbores, pero en realidade a eliminación responde a outros criterios. Non se realizan cortas de piñeiros, a pesar de que mayoritariamente están defoliados, afectados de forma moi importante pola procesionaria do pino e non teñen valores estéticos relevantes. Os piñeiros teñen un factor de risco por incendio moito mais elevado que as caducifolias. Sen embargo as caducifolias coma os grandes carballos americanos ofrecen sombra nos meses de verano actuando como reguladores da temperatura e o quedemento urbano, En inverno as follas contribúen ó enriquecemento do chan e as copas desnudas deixan pasar a luz. É preciso conservar as árbores que quedan e potenciar a renovación do arbolado con árbores nobles caducifolias priorizando a utilización de árbores
autóctonas coma carballos, castiñeiros, pradairos e bidueiros.

Calidade do aire e regulación da temperatura

A biodiversidade é unha das nosas mellores defensas fronte ao cambio climático, ás árbores actúan como fixadoras de CO2 e a súa estensión axuda a combatir o quecemento global. Demóstrase
necesario un incremento do arbolado, especialmente do de gran porte. Porén as acutuacións do goberno municipal parece que van na liña de incumprir sistematicamente os obxetivos da declaración de emrxencia climática aprobada por pleno municipal, comezando polo punto 1: “deter a perda da biodiversidade e restaurar os ecosistemas como única resposta posible para evitar un colapso de todos os sistemas naturais, incluído o humano”.

A natureza e a súa diversidade tamén son parte do noso patrimonio e as institucións públicas teñen a responsabilidade de defendelas. Por iso desde Ecoloxistas en Acción denunciamos esta nova talla masiva e inxustificada que nos empobrece aínda máis como cidade, atacando a un ecosistema único no centro de Vigo que leva anos ameazado. Solicitamos que se suspenda a talla de árbores e que se realice o proxecto seguindo as necesarias medidas de protección ambiental, sen utilización de herbicidad e glifosato, respetando o ancho actual dos sendeiros e suspender a pavimentación dos camiños peonís. Este proxecto debe ser explicado con transparencia, organizando ademáis convocatorias para que sean os propios vigueses a través de accións de voluntariado os que
contribúan na necesaria reforestación do parque e abrindo á participación dos colectivos medioambientais da cidade que levamos anos solicitando a conservación da flora e fauna urbanas.