Ecoloxistas en Acción pide a reconversión da industria petroquímica de Tarragona

O accidente nas instalacións de IQOXE no Polígono Sur de Tarragona, con material extremadamente perigoso como o óxido de etileno, é unha nova mostra da carencia de garantías deste complexo petroquímico.
Publicado por o día 19/01/2020 na sección de Ecologistas en Acción,Medio Ambiente,Social

Ecoloxistas en Acción pide a reconversión da industria petroquímica de Tarragona

Para Ecoloxistas en Acción a concentración masiva de industrias perigosas en IQOXE e os sucesivos accidentes que se producen neste complexo petroquímico obrigan a reformular as instalacións operativas en Tarragona cara a unha industria máis sustentable e segura.

O accidente do 14 de xaneiro sinala as mesmas carencias observadas noutros accidentes:

1. Non funcionaron as sirenas para avisar á poboación. Téñense que utilizar outros medios en caso de accidente. As novas tecnoloxías ofrecen numerosas alternativas para suplir o actual sistema de avisos de emerxencia e garantir o dereito da cidadanía para manterse informada.

2. Non funcionou a coordinación entre administracións. O alcalde de Vilaseca, Pere Segura, declarou que tivo que tomar medidas pola súa conta a raíz do accidente ao non recibir información.

3. A poboación non sabe que facer nin onde ten que ir para fuxir do perigo do accidente. A única opción que se ofreceu é o confinamento.

As declaracións de representantes políticos como o Conselleiro de Interior afirmando que non houbera ningún perigo para a poboación, cando hai persoas mortas e feridas, son un insulto á intelixencia da cidadanía. Este intento de minimizar a gravidade do accidente só contribúe a incrementar a alarma social.

Quedou demostrado que o Pla d’ Emergència Exterior do Sector Químic de Tarragona (PLASEQTA) é papel mollado e non é unha ferramenta efectiva ao servizo da saúde e seguridade das persoas afectadas polos reiterados accidentes deste complexo petroquímico.