Ecoloxistas en Acción súmase á Semana Mundial Sen Carne

Ecoloxistas en Acción sumouse á Semana Mundial Sen Carne que comeza hoxe e participa, ademais, no Mes da Resistencia á Gandería Industrial, convocado pola Coordinadora estatal Stop Gandería Industrial.
Publicado por o día 17/06/2019 na sección de Ecologistas en Acción,Medio Ambiente,Social

Ecoloxistas en Acción súmase á Semana Mundial Sen Carne

Segundo a Axencia de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), España é o décimo país en consumo de carne. En 2013, data dos últimos datos recolleitos, a cifra de consumo de carne por persoa chegaba a 94 quilos ao ano, o que supón unha media de 260 gramos ao día por persoa.
 
As consecuencias deste alto consumo de carne percíbense, por exemplo, no aumento de gases de efecto invernadoiro procedentes da deforestación para cultivar millo e soia que serven logo para facer pensos para a gandería industrial. Outros efectos son a contaminación da auga por nitratos nas zonas onde se instalan estas explotacións intensivas así como o impacto na saúde humana, cada vez máis afectada de enfermidades cardiovasculares, diabetes, cancro colorrectal e obesidade.
 
Por todo iso, Ecoloxistas en Acción, xunto co resto de plataformas e organizacións da Coordinadora estatal Stop Gandería Industrial, impulsou o Mes de Resistencia á Gandería Industrial. Unha proposta que aproveita a Semana Mundial Sen Carne (que se celebra do 17 ao 23 de xuño) para intensificar as súas accións.
 
O obxectivo desta convocatoria é sensibilizar acerca dos impactos deste tipo de gandería e promover unha dieta sa para as persoas, sustentable para o planeta e respectuosa cos animais.
 
Entre as actividades que se están realizando durante este mes, destacan charlas informativas sobre as consecuencias desta gandería e sobre dietas saudables que reduzan o consumo de produtos de orixe animal. Produtos, ademais, que proveñan doutro tipo de gandería que respecta a biodiversidade e favorece as economías locais alí onde se instala, como é a gandería extensiva agroecológica.
 
O 6 de xuño realizouse unha charla con público novo na Universidade Politécnica de Valencia, hoxe día 17 será no El Rincón Lento, en Guadalaxara, e o día 29 en Daimiel (Ciudad Real), onde hai un proxecto de explotación industrial porcina nunha zona con graves problemas hídricos.
 
Durante esta semana Mundial sen Carne, Ecoloxistas en Acción lanzará mensaxes en redes sociais nos que se propoñerán comidas ricas e saudables sen carne, facendo referencia a datos sobre a afección á saúde pública do consumo excesivo de carne e os impactos ambientais do modelo produtivo intensivo.