Ecoloxistas esixen a suspensión inmediata da caza en Galicia

Ecoloxistas en Acción e Petón do Lobo solicitan a suspensión inmediata da caza ata que se analice o seu impacto nas especies cinexéticas e por tanto a paralización e inaplicación da Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21 (DOG Núm. 108 do 4 de xuño de 2020).
Publicado por o día 21/01/2021 na sección de Ecologistas en Acción,Medio Ambiente,Social

Ecoloxistas esixen a suspensión inmediata da caza en Galicia

As organizacións ecoloxistas denuncian que a aplicación da Resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda  do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21 posibilita a caza de especies da fauna silvestre sin contar con estudos científicos obxectivos e actualizados que permitan, desde o punto de vista da conservación das especies, a práctica da caza.

Ambas organizacións lembran que a declaración dunha especie como cinexética e cazable, esixe contar con estudos obxectivos científicos e actuáis.

Ecoloxistas en Acción e Petón do Lobo sinalan que a caza con especies de granxa sementadas resultan idóneas para o “lavado verde” dos  danos á natureza que causa o lobby cinexético. Abater estas pezas é alcanzable e satisfai ao cazador que apenas conseguiría obxectivo algún coas especies silvestres. Sen embargo, as especies de granxa poden transmitir enfermidades e parásitos á fauna salvaxe e estes impactos non están avaliados, tal e como ocorre coas perdices ou o xabaril, e supón unha posible contaminación xenética das poboacións autóctonas galegas das mesmas.

As ecoloxistas sinalan que a Directiva 2009/147/CE do Parlamento europeo e do Consello, de 30 de novembro de 2009, relativa á conservación das aves silvestres considera que determinadas especies (as enumeradas no seu Anexo II) debido ao seu nivel de poboación, a súa distribución xeográfica e a súa tasa de reproducción no conxunto da Comunidade europea poden ser obxecto de caza no marco da lexislación nacional de cada Estado membro.

Segundo ditas organizacións ecoloxistas cómpre recordar que a circunstancia de que unha especie sexa susceptible de ser cazada o ser obxecto de xestión en abstracto (por non ser especie protexida), non significa que a actividade da caza poida realizarse sen máis, senón que é preciso e necesario que, ademais, non se vexa afectada a conservación da especie. Os danos derivados da práctica da caza para a fauna silvestre, sen contar cos estudos precisos que o avalen e, por outro lado, os danos aos intereses económicos e sociais derivados desta actividade, leva a conclusión de que resulta máis necesitado de protección o primeiro, polo seu carácter máis sensible.

Ecoloxistas en Acción e Petón do Lobo alertan que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia non acredita a existencia de informes actuáis e obxectivos que avalen as especies que poden ser cazadas. Ambas organizacións recalcan que mentras non existan argumentos científicos que corroboren o estado das poboacións de animais na comunidade autónoma galega non se debe volver a cargar unha escopeta contra os animais. A Resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda  do 19 de maio de 2020 determina as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2020/21, ao igual que as resolucións anuais de caza dos anos anteriores, determina no Anexo II a relación de especies cazables comercializables no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia pero obviáse explicar cales son os criterios científicos que avalan que a caza destas especies sexa ambientalmente viable.

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia carece dos estudos científicos que avalen o exercicio da actividade cinexética como tal. Ademais de non existir censos actuais das especies cinexéticas non se realizan os estudos de impacto ambiental que require a actual lexislación ambiental para os Plans de ordenación cinexética dos Tecor e dos Plans anuais de aproveitamento cinexético.

Por outra banda, tampouco se avalían as repercusións da actividade cinexética na área de influencia e na entorna da Rede Natura 2000, tal e como prescribe a normativa ambiental europea. O mesmo ocorre coas competicións da Federación galega de caza, que se realizan sen control ambiental algún por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Natural. De feito a omisión e a ausencia de informes técnicos e datos obxectivos sobre o estado das especies deixan clara a manga ancha da administración co sector da caza.

En Galicia, a caza, lonxe de ser unha actividade que contribúa ao equilibrio natural, é o factor que xera moitos dos problemas que logo, o sector cinexético, ofrécese a solucionar, sen éxito en ningún caso. Non se está a avaliar desde a Xunta de Galicia o profundo e negativo impacto que a mesma crea no equilibrio natural, a biodiversidade, o benestar animal e o desenvolvemento rural.

A caza actual contribúe á perda de biodiversidade de especies a un ritmo moi importante.  A perda da biodiversidade, fai dano á saude do propio ser humano.

A Xunta de Galicia nin sequera determina o nivel poboacional de cada especie ou ben carece de datos ou os datos dos que dispón non son actuáis e están desfasados. Así nas Resolucións anuais polas que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies para cada tempada nunca se referencian os estudos científicos obxectivos que permitan avaliar o sistema de censo, seguimento e estudo de tendencias das especies cinexéticas, o que é unha irresponsabilidade moi grave por parte do órgano con competencias sobre da protección da naturaleza.

As ecoloxistas denuncian que os xabarís están a ser vítimas, ao abrigo nos últimos anos, dunha campaña criminalizadora que os culpa de todos os males habidos e por haber. A suposta superpoboación que existe destes animais, como consecuencia da súa cría masiva por parte dos propios cazadores e do seu cruzamento con outras especies, como os porcos vietnamitas, converteunos en máis dóciles e non é estraño atoparlos merodeando preto de núcleos urbanos, na procura de comida.

Lonxe de abalar a caza como un método de control efectivo das poboacións de porco bravo, os estudos científicos e con revisión a pares indican xusto o contrario. A resposta como especie do xabarín perante á presión cinexética é adiantar a idade fértil das femias e aumentar o tamaño medio das camadas. Esto polo tanto significa que a maior presión cinexética se produce un maior número de xabaríns. Asemade estudios científicos feitos en galicia sinalan que a sinistralidade con fauna cinexética, nomeadamente o xabarín, coincide coa tempada e días de caza do xabarín, ao escapar éstes dos tiros dos cazadores e das batidas.  Isto unido a unha profunda alteración dos ecosistemas, invadidos por eucaliptos e con escasez de depredadores provocada polos propios cazadores, fai que sexa precisamente a caza a causa principal da problemática que pode xerar o xabarín en Galicia.

Os estudos evidencian que os xabarís desempeñan unha importante labor nos ecosistemas. Os ungulados silvestres teñen unha boa capacidade escavadora, removen e osixenan a terra. Esta “labra” do terreo favorece a absorción de nutrientes por parte de determinadas plantas, como as árbores leñosas. Favorecen a dispersión de esporas e desenterran a pequenos invertebrados que despois serven de alimento aos paxaros. Os xabarís tamén desempeñan unha importante labor carroñeira que devolve enerxía aos ecosistemas e evita as  infeccións que poderían producirse a través dos animais mortos. Podendo controlar a poboación de xabarís a través dun método ético e científico, ¿paga a pena organizar batidas para matalos a tiros?

Comentar noticia

Your email address will not be published.