Eduardo Camiña, XXI campión galego de sumilleres

Seu colega do Mugaritz, Tomás Ucha, subcampión
Por o 20/02/2019 | Sección: Eventos
Eduardo Camiña, XXI campión galego de sumilleres

Eduardo Camiña gañou con autoridade indiscutible a XXI edición do Campionato de Galicia de Sumilleres, convocado pola Asociación profesional AGASU coa colaboración da revista HGg&T, cuio director-fundador, Guillermo Campos, creara dous anos ante de celebrarse o primeiro certamen en 1995, os Campionatos profesionais das profesións hostaleiras.

Competiron pola primeira plaza dous galegos-colegas no mesmo traballo en calidade de sumilleres no restaurante Mugaritz, dirixido polo estrelado cociñeiro Andoni Luis Adúriz en Rentería. Xunto a eles, outros sete especialistas na conservación e servizo do viño na hostalería desenvolveros coñecementos e destreza profesional nas probas teóricas que constituiron as semifinais, calificadas polo xurado técnico de AGASU, cuio presidente, David Barco, tamén exerceu de speaker do certame.

Os cinco mellor puntuados pasaron e competiron na final, nuca noble lide non exenta de nervios, diante de tres xurados, especialistas e acreditados nas respectivas disciplinas obxecto de avaliación. Ademais dos detentadores do ouro e a prata, o do que acaparou o bronce –o representante ourensán Andrés Domínguez de Adegas das Caldas -pasaron á final Ruben Rodríguez e Iván Domínguez respectivamente dos restaurantes Queimada Gastrobar de Baiona e Detapaencepa en Vigo.

As probas que tiveron que superar os finalistas, e seus respectivos xurados foron as seguintes:Carta errada. Trátase de descubrir nunha carta de viños previamente redactada, datos erróneos pretendidamente introducidos, sobre adscrición do orixe de determinados viños, castes e territorio que os producen, anadas, nomenclatura e outros datos que exixen un profundo coñecemento da oferta vinícola internacional, e un exercicio memorístico excepcional. Calificaron esta proba, Juan Casares (presidente D.O. ribeiro), Alfonso Losada (exsubdirector do EVEGA) e Patricia Presas (AGE)

Venda e maridaxe de viños. Escenificación do traballo dun sumiller diante dunha mesa con clientes do restaurante, os que debe “convencer” sobre a idoneidade dos viños que recomende -sempre unha bebida galega, e outra forasteira por cada prato proposto nun longo menú tipo- razoando os por qué da proposta so clientes. Xulgaron esta difícil proba, pois o concursante non coñece de antemán a ringleira de pratos para os que ha de propor o menos dous viños por cada, Alfredo Álvarez e Guillermo Campos, acompañados por Tina Vázquez, profesora do “Carlos Oroza” e Jose Soto de Asociación Gallega de Barmans (AGABA).

Decantación e servizo do viño. Esta é a proba de destreza profesional por antonomasia pois o concursante ha de descorchar, decantar e servir a botellas escollida cuidando tódolos parámetros de comportamento e estilo académicos. De puntuar esta exhibición encargáronse os directores de centro anfitrión e do Centro Superior de Hostelería Galega, Manuel Hermo e Marta Fernández, respectivamente, acompañados por Juanjo Figueroa do Instituto Galego do Viño

Entre semifinal e final, celebráronse outras dúas exhibicións complementarias, pero non puntuables para o Campionato. Unha de cafés, protagonizada por Sebastián González (AGASU) da comercializadora “O Noso” con degustación e charla informativa sobre as calidades desta sublime infusión, e una proba competitiva sobre tiraxe de cervexa, premio “Premio Mahou ao Mellor Sumiller Galego en Tiraxe de Cervexa”, que gañaría precisamente un dos finalistas excluidos do podio, Rubén Rodríguez. O panel calificador estivo formado por Beltrán Vázquez e Olegario Lago, organizador e gestor da firma patrocinadora en Galicia, e Gerson, da asociación recientemente creada Cociña Ourense.

Un xantar de traballo ofrecido polo propio equipo do “Carlos Oroza”con todos os galardoados, participantes, xurados e organización, puxo o broche de ouro a feliz xornada que volve a colocar o sumillerismo galego no primeiro e máis alto plano interprofesional. Constituíron esta organización, ademais do presidente, os directivos de AGASU Pedro Villamarín e Aarón Álvarez, e por parte de HGg&T, asesora e patrocinadora principal, María Campos, directora-xerente da editora e cordenadora da publicación.

Comentar noticia

Your email address will not be published.