Eduardo Garzón e Manuel Lago impartirán en Vigo o coloquio que leva por título: “Teoría monetaria moderna: a esperanza económica da esquerda”

Publicado por o día 09/11/2016 na sección de Cultura,Esquerda Unida,Vigo

Eduardo Garzón e Manuel Lago impartirán en Vigo o coloquio que leva por título: “Teoría monetaria moderna: a esperanza económica da esquerda”

Esquerda Unida Vigo organiza o vindeiro xoves 10 de novembro, a partir das 19:30 horas no Auditorio do Paraninfo do antigo Rectorado da Universidade de Vigo, o coloquio que leva por título “Teoría monetaria moderna: a esperanza económica da esquerda”.

Eduardo Garzón é membro do Consello Científico de ATTAC, doctorando en Economía Internacional e tertuliano habitual de canais como a Sexta Noite ou colaborador en prensa como La Marea ou El Diario.

Manuel Lago, deputado por En Marea, é economista especializado no Mercado de Traballo, profesor de universidade e colaborador de V TV e La Voz de Galicia. Será o encargado de presentar a charla.