O xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, visitou hoxe o CEIP de Tenorio en Cerdedo-Cotobade, co obxectivo de coñecer a aplicación do protocolo anticovid para a volta ás aulas neste centro educativo.
Durante esta visita analizouse a aplicación do protocolo anticovid para a volta as aulas que está a aplicar o centro, destacando que xa conta co seu grupo covid, e co responsable que se encargará de conectar co Punto de Atención Continuada.
O colexio conta así cun plan de continxencia no que se recolle de forma exhaustiva a redistribución de espazos e as medidas a adoptar a nivel de grupos, os medios de protección, a limpeza, o uso de espazos ou o protocolo de actuación en caso de detectarse algunha incidencia.
Neste centro, instaláronse dispendedores de papel e de material de limpeza, así como hidroalcohol, independizáronse as entradas e as saídas, preparouse un aula para que os nenos poidan realizar exercicios de relaxación e antiestres, retiráronse xoguetes e utensilios comúns, e adaptáronse as aulas as distancias marcadas polo protocolo.
Ademais, tanto o centro como o xefe territorial agradeceu ao concello de Cerdedo-Cotobade a súa colaboración para preparar os accesos ao centro, de xeito que se poidan realizar por zona separadas, coa adaptación de beirarrúas no entorno da antiga saída de emerxencia.
O colexio, ademais, conta cun comedor que está a ser preparado para o regreso dos usuarios, en total 219, tendo en conta que ademais de Infantil e Primaria, tamén da servizo aos alumnos e alumnas do IES de Tenorio, situado nas inmediacións.
O xefe territorial destacou o traballo que están a realizar as equipas directivas destes centros.
Noticias de última hora en Vigo