Educación avalía as melloras realizadas nos colexios de Tui e analiza cos equipos directivos a amplicación do protocolo AntiCOVID

O xefe territorial de Educación visitou os CEIP número 1 e número 2, así como o CRA Mestra Clara Torres onde se executaron obras como a mellora dunha cuberta e a instalación dun aula de inclusión

O xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, visitou hoxe os CEIP número 1 e 2 de Tui, así como o CRA Mestra Clara Torres, co obxectivo de comprobar as melloras que se están a executar nestes centros así como coñecer a aplicación do protocolo anticovid para a volta ás aulas nestes centros educativos.

Na visita, o xefe territorial estivo acompañado pola Unidade Técnica da Xefatura Territorial, e puideron comprobar o avance dos traballos de reparación da cuberta do CEIP número 1 de Tui, no que a Consellería investiu 15.000 euros. Pérez Ares aproveitou para agradecer a aportación económica de 6.000 euros realizada tamén polo concello para a execución destas obras. Tamén comprobaron o remate da Aula de Inclusión executada neste mesmo centro e que comezará a funcionar no mes de marzo e que da así servizo aos alumnos e alumnas con necesidades especiais.

Por outra banda, durante esta visita analizouse a aplicación do protocolo anticovid para a volta as aulas que están a aplicar os tres centros educativos, destacando que cada un deles conta xa co seu grupo covid.

O xefe territorial destacou o traballo que están a realizar as equipas directivas destes tres centros. Os tres colexios contan así cun plan de continxencia no que se recolle de forma exhaustiva a redistribución de espazos e as medidas a adoptar a nivel de grupos, os medios de protección, a limpeza, o uso de espazos ou o protocolo de actuación en caso de detectarse algunha incidencia.

Tamén organizaron xa as entradas e saídas diferenciadas, e porán en marcha os comedores escolares nunha única quenda habilitando espazos próximos ao comedor se fixera falta. Ademais, o CEA Mestra Clara Torres aprobou tamén manter a Aula Matinal co obxectivo de garantir a conciliación laboral dos pais e nais do alumnos do centro. As salídas e entradas dos tres colexios faranse de xeito escalonado e para evitar o contacto entre os alumnos e os recreos tamén se farán da mesma forma.

No CRA organizouse a aula con catro espazos diferenciados (robótica, xogos de mesa, construcións e informática) polos que rotarán os alumnos, que contarán con cortinas de plástico sobre os materiais comúns para facilitar a súa limpeza así como con material individual.

 

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario