Efemérides astronómicas de xaneiro

Por o 09/01/2018 | Sección: Social,Sociedade Galega de Historia Natural
Efemérides astronómicas de xaneiro
  • Día 2: Ás 03:24 h Lúa Chéa.
  • Día 3:Choiva de meteoros Cuadrántidas, as mais intensas do ano. Actividade desde o 28 de decembro ao 12 de xaneiro, con un máximo de 120 por hora o día 3. Radiante en Bootes. Son meteoros de gran tamaño con ronseis de longa duración.
  • Dia 5: Régulus e a Lúa moi próximos. 
  • Día 7: Galileo Galilei descobre os satélites naturais de Xúpiter: Io, Europa e Callisto (1609).
  • Día 8: En 1642 morre arrestado no seu domicilio de Florencia, Galileo Galilei. Ata o 31 de outubro de 1992 a Santa Sé non recoñeceu o seu erro ao condenalo en 1633. Ás 11:45 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 11: Xúpiter, Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 13: Mercurio e Saturno, moi próximos.
  • Día 15: Saturno, Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 17: Ás 03:17 h Lúa Nova.
  • Día 24: Ás 11:20 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 27: Aldebarán e a Lúa moi próximas.
  • Día 31: Ás 02:27 j Lúa Chéa. Eclipse total de Lúa, non visible en Galicia.

Planetas

  • MercurioAtópase na constelación de Saxitario con magnitude -0,2 visible unha hora antes do amencer. 
  • Venus: Atópase na constelación de Saxitario cunha magnitude de -3,49, pola súa proximidade ao Sol non é visible.
  • Marte: Atópase na constelación de Libra cunha magnitude de 1,54, visible durante catro horas antes do amencer. 
  • Xúpiter: Atópase na constelación de Libra cunha magnitude de -1,45, visible catro horas antes do amencer. 
  • Saturno: Atópase na constelación de Saxitario cunha magnitude de 0,72, visible durante unha hora antes do amencer.
  • Urano: Atópase na constelación de Piscis cunha magnitude de 6,14, visible durante sete horas despois do solpor.

Cometas

  • Dada a súa magnitude superior a 10, son dificilmente observables.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.