Eixes do programa municipal da Agrupación Electoral Recortes Cero para Vigo

Publicado por o día 15/05/2015 na sección de Política,Recortes Cero

Eixes do programa municipal da Agrupación Electoral Recortes Cero para Vigo

Os catro eixes fundamentais e as claves do programa

-Redistribución da riqueza para reactivar a economía, axudando ás persoas e elevando o poder adquisitivo da maioría.

 -Ampliar a democracia para dar participación e capacidade de decisión aos cidadáns. Alcaldes

e concelleiros que respondan ante os cidadáns.

-Soberanía para decidir, para propoñer un programa sen imposiciones exteriores.

-Unha Fronte Ampla de Unidade que faga posible unha nova maioría social polo cambio.

Estas son as claves: redistribución da riqueza, máis democracia, soberanía para decidir e Fronte Ampla de Unidade, que faga posible unha nova maioría social.

A defensa da soberanía nacional de España como país empeza no Concello.

1.-Apoiar e impulsar desde o concello acciones e recurso de anticonstitucionalidad á reforma exprés da Constitución que obriga a pagar antes aos banqueiros norteamericanos e alemáns que aos xubilados ou funcionarios españois.

2.-Esixir a anulación dos tratados asinados coa UE perjudiciales para os nosos intereses, como o Memorándum adxunto ao rescate financeiro, os draconianos obxectivos de redución do déficit fixados por Bruxelas ou as cotas agrícolas, gandeiras e pesqueiras.

3.-Municipio solidario cos pobos oprimidos. Especialmente co pobo saharaui e palestino.

4.- Municipio libre de instalacións e bases estranxeiras, sexan de EEUU ou da OTAN.

Por unha fronte ampla de Unidade que sexa expresión, defenda e represente os intereses do 90% da poboación.

Necesitamos unha fronte de unidade capaz de facer fronte ás poderosas forzas coas que nos enfrontamos. Unha Fronte Ampla que unha, do social ao político e da dereita á esquerda, onde se sintan representados e participen en pé de igualdade organizacións sociais, sindicais e políticas, intelectuais, profesionais e sectores sociais que nos opoñemos aos recortes, ao proxecto de intervención e saqueo.

Comités de empresa do municipio, Sindicatos, Asociacións, ONG, Parados, Desahucios, Asociacións Ecologistas, Culturais, De mulleres, Discapacitados, .. e plataformas de loita do pobo…

PRENSA RECORTES CERO VIGO