El alcalde traslada su cariño a los heridos por el “derrumbe estructural” con recado al Puerto de Vigo

Publicado por o día 13/08/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

El alcalde traslada su cariño a los heridos por el “derrumbe estructural” con recado al Puerto de Vigo

Después del comunicado emitido por el Puerto de Vigo en el que se carga contra el Ayuntamiento al ser citado en diferentes ocasiones como responsable del mantenimiento de la zona, este último achaca el accidente a un fallo estructural en las vigas de hormigón, saliendo así al paso de las acusaciones vertidas sobre la institución. Así reza el comunicado emitido por la página web oficial del consistorio:

O alcalde trasladou unha “aperta moi forte” aos familiares e afectados, que presenciaban un concerto do Marisquiño cando se viron atrapados por un “fallo estrutural dun molle” do Porto de Vigo. Segundo detallou, foron 249 os feridos dos que quedan ingresados cinco no Álvaro Cunqueiro e outros catro en POVISA, sen que se tema pola vida de ningún dos nove.

Abel Caballero quixo “resinar” a importancia do derrubamento, un “fallo estrutural enteiro dun gran molle de formigón” sobre o que se asentaba o paseo de madeira. A estrutura tiña entre 30 e 50 centímetros de grosor, dividida en placas de formigón que caeron e apoiaron contra o fondo da dársena náutico deportiva. O secretario de Estado de Fomento, Pedro Saura, ordenou investigar a causa do colapso da estrutura, segundo revelou o alcalde logo de ter conversado co responsable estatal.

Despois do derrubamento, explicou Caballero, a atención centrouse de inmediato na atención aos feridos. As pranchas de formigón quedaron en forma de uve, empregadas polas vítimas para ascender mediante unha cadea humana conformada polos propios voluntarios, persoal da organización e os efectivos de seguridade. Dúas persoas quedaron atrapadas e foron liberadas polos Bombeiros.

Posteriormente, engadiu o alcalde, entrou en funcionamento o sistema de evacuación, coa Policía Local despexando as rúas e as ambulancias, trasladando primeiro aos feridos máis graves aos centros sanitarios, logo de ser atendidos in situ e seguindo instrucións dos propios hospitais. Por último, Abel Caballero ordenou a revisión da zona con buzos dos Bombeiros, para asegurar que non quedara ninguén atrapado, incluída unha segunda inspección ampliando a zona de actuación á metade da dársena náutico deportiva.

Con respecto á empresa organizadora, esta pediu autorización ao Porto de Vigo e, coa autorización portuaria, presenta ao Concello o plan de autoprotección que “cumpre cos requisitos que marca a lei”, tamén informado polo Porto de Vigo. Explicou Caballero que o aforo era de 4.500 persoas, cifra á que non se chegou no momento do afundimento, segundo asegura a empresa.

“As persoas son a nosa maior preocupación”, expuxo o primeiro edil, a “seguridade das persoas” ocupou a acción municipal durante toda a noite e na mañá deste luns. O goberno de Vigo abriu un teléfono de atención, co número 986810101. “Quero seguir atendendo ás persoas, que é a miña maior dedicación”, concluíu.

Con este texto, el Ayuntamiento de Vigo viene a devolverle el duro recado envíado por el Puerto a través de un comunicado publicado horas atrás.

Una respuesta para "El alcalde traslada su cariño a los heridos por el “derrumbe estructural” con recado al Puerto de Vigo"