El Arrebato presenta o seu novo disco Abrazos no Teatro Afundación de Vigo

Ofrecerá un concerto o vindeiro venres 13 de marzo ás 20.30 h
Publicado por o día 09/03/2020 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

El Arrebato presenta o seu novo disco Abrazos no Teatro Afundación de Vigo

Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará un concerto a cargo de El Arrebato en Vigo. Será o vindeiro venres 13 de marzo, a partir das 20.30 h, e nel presentarase o seu novo traballo, Abrazos. As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

Presentarase o que probablemente será o disco máis especial de El Arrebato e que, unha vez máis, sorprenderá ao seu público. Co seu novo traballo Abrazos, o artista volve renovado e celebrando dúas décadas de esforzos, arte, talento, enormes composicións e triunfo.

Javier Labandón é unha das figuras máis carismáticas do panorama musical español, e o seu novo traballo confórmano un ramallete de temas lendarios como Poquito a poco, Ve despacito, Háblame del sur, A mi na’ ma’, Búscate un hombre que te quiera, Por un beso de tu boca, Un amor tan grande, Dime tu nombre, Hoy todo va a salirme bien, Mirando pa’ ti, Durmiendo en tu ombligo o Si la hubieras visto.