El ático, Maldición fatal, Los amigos-la pinícula, La persistente e And so, he opens his eyes, os flamantes gañadores do GFFF

O Galician Freaky Film Festival remata a #2 Edition despois de tres días cheos de cinema freak e de serie B de moita calidade. Preto de 1.000 persoas encheron do 24 ao 26 de outubro a sala Videodrome para gozar do mellor do peor do cinema galego, nacional e internacional.
Publicado por o día 28/10/2019 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Vigo

El ático, Maldición fatal, Los amigos-la pinícula, La persistente e And so, he opens his eyes, os flamantes gañadores do GFFF

A #2 Edition do Galician Freaky Film Festival rematou tras unha última xornada chea de sorpresas, festa rachada e, por enriba de todo, o mellor cinema de serie B, pulp e underground. O balance que fai a organización non pode ser mellor. “A Videodrome estivo chea durante toda a fin de semana”, –comentou Juan de Castro, director do certame-. “As cifras falan por si solas, case un millar de asistentes achegáronse durante o festival a desfrutar do espírito freak do GFFF”.

A noite do venres deu para moito. Despois de dúas sesións de curtametraxes nas que case se rompe o aplausómetro ó chegar as pezas que conformaban o bloque Frikismo do país, foi o momento para a festa e o concerto de Los Pontiaks co seu Hot Rod&Roll tan característico.

A verdade é que nesta edición tivemos un gran nivel” –continúa de Castro– “xa non so pola cantidade de pelis que recibimos dende tódalas partes do mundo, tamén pola calidade de moitas delas e pola sorte de ter tido a musicalización en directo, as expos e este recibimento por parte do público”.

PALMARÉS

Nesta edición, seguindo o método do aplausómetro que tantas alegrías deu na televisión dos 80 e 90, a organización do GFFF concedeu tres premios:

Premio Arrepío á Mellor Curtametraxe de Terror: “Het Juk (El Ático) de Nico Van den Brink e que fixo estremecer a todo o público presente.

Premio Escarállome á Mellor Curtametraxe de Humor: “Maldición Fatal” de Alberto Guisande que tivo a honra de facer rir ata que a máis de un lle doese a barriga.

O Gran Premio GFFF á obra máis freak foi para Los amigos – La pinícula de Rabuñal Varela Omar, quen soubo mesturar todos os elementos necesarios pra chegar a ser unha obra de referencia no mundo friki.

Así mesmo, a Asociación de Realizadores e Directores de Galicia CREA, concedeu o Premio á Mellor Dirección, Ex aequo, a La Persistente de Camille Lugan e And So He Opens his Eyes de Sergey Vasiliev.