El Silencio de Otros, gañadora do Goya á Mellor Película Documental, chega á 2, a tele pública, o 4 de abril ás 22 h. A película acompaña a loita silenciada de vítimas e sobreviventes do réxime franquista que, a día de hoxe, seguen buscando xustiza.
Nun momento político e social clave, esta é unha oportunidade única para continuar un debate e levar a primeira plana unha conversación necesaria e urxente sobre memoria e xustiza.
Por iso pedimos o voso apoio: queremos que o máximo número de persoas concéntrense fronte ao televisor o 4 de abril de 2019 ás 22 h para demostrar o enorme apoio a vítimas e sobreviventes, e romper o silencio e a impunidade. Axúdanos a que con esta emisión gratuíta na televisión pública, “El Silencio de Otros” se converta no berro de todxs.
Se queredes contribuír na difusión, neste ligazón podedes descargar o póster da emisión en televisión (versión para imprimir) e pegalo en todos eses recunchos aos que nós non chegamos: bares, comercios, asociacións, corredores de Universidade, etc. Imprimide e compartide libremente!
Adxunta veredes tamén unha imaxe que podedes compartir en redes, con amigxs, etc.
O 4 de abril encher todos os recunchos de xustiza e dereitos humanos.
Fagamos memoria, #RompamosElSilencio.
Moitísimas grazas!
El Silencio de Otros

Noticias de última hora en Vigo