Na primavera teremos a ocasión de participar como voluntarios/as na erradicación de rebrotes de eucalipto e outras invasoras exóticas en moitos montes queimados, e precisaremos de planta de árbores autóctonas para reforestar estes espazos.
Pero para iso, temos que reaxir agora!: como crear un viveiro é o obxectivo deste obradoiro que non se pode facer agardar no tempo. Sexa como voluntario/a ou como particular que quere criar o seu viveiro, esta é a túa oportunidade.
Organizado pola Oficina de Medio Ambiente da UDC, coa colaboración do Concello de A Coruña.
Actividade acollida ao recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC: poderás convalidar un crédito por cada 10 h de actividades de educación para a sustentabilidade nos programas da Oficina de Medio Ambiente.
Data: 02 novembro 2017, 16:30 h
Punto de encontro: Porta cafetaría Fac. de Ciencias (A Zapateira)
Imparte: ADEGA
Prazas limitadas.
Inscricións en: [email protected]
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.