Elena Espinosa afirma que os bombeiros de Vigo está a funcionar con absoluta normalidade

Por o 14/08/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Elena Espinosa afirma que os bombeiros de Vigo está a funcionar con absoluta normalidade
Compartir en:

Elena Espinosa ven a afirmar que o equipo de bombeiros de Vigo está a funcionar con absoluta normalidade polo que este servizo público está garantido na cidade. A folga foi convocada só por CIG-CUT, sen que o resto dos sindicatos a secunden, manifesta a concelleira.

Respecto das súas reivindicacións, o Concello de Vigo negociou e acordou por unanimidade con todos os sindicatos as prazas para este servizo da Oferta Pública de Emprego de 2019, unha OPE que está a seguir os trámites esixidos pola lei.

En todo caso, o goberno local respecta o dereito á folga destes ou de calquera outros traballadores públicos, como non pode ser de outra maneira, finalizou as declaracións Elena Espinosa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.