Elena Muñoz acusa a Caballero de “alta traizón” a Vigo por aplaudir uns orzamentos que son un “insulto para os vigueses” e que relegan o AVE por Cerdedo a 2030

“Como el dixo no seu día, Vigo non paga traidores. O alcalde socialista ha traizoado a todos os vigueses para comprar uns días de goberno a Pedro Sánchez, permitindo que o diñeiro dos vigueses vaia a petos cataláns”, argumenta
Por o 16/01/2019 | Sección: Galicia,Partido Popular,Política,Vigo
Elena Muñoz acusa a Caballero de “alta traizón” a Vigo por aplaudir uns orzamentos que son un “insulto para os vigueses” e que relegan o AVE por Cerdedo a 2030
Compartir en:
A portavoz popular Elena Muñoz destacou hoxe que Caballero comete “alta traizón” cando aplaude uns orzamentos xerais do Estado que son “un insulto” para Vigo e que fan que o diñeiro dos vigueses “se vaia para os cataláns” e desta forma “permitirlle a Sánchez comprar uns días de goberno na Moncloa”.
 
Muñoz escolleu o termo de “alta traizón” parafraseando a proclama de Caballero no concerto protesta organizado polo Concello de Vigo hai uns meses. Desta forma, lembrou a convocatoria do rexedor socialista á sociedade viguesa para reclamar prazos áxiles para o AVE por Cerdedo cando o prazo fixado era 2023: “Agora que o atrasan a 2030, como pronto, encima felicítase. Como dixo aquel día, Vigo non paga traidores, e o alcalde traizoou á cidade”.
 
A popular lembrou que desde o Partido Popular de Vigo apoiáronse estas mobilizacións para esixir rapidez nos prazos do AVE. “A diferenza é que nós reclamamos o mesmo con independencia da cor política do goberno central. Mentres que xa se ve que o alcalde de Vigo só interésalle reclamar cando gobernan outros para utilizar a confrontación política, pero que os intereses de Vigo non lle importan nada. Caéuselle a careta”, afirma.
 
A popular mostrou o seu “estupor” ante uns orzamentos “totalmente decepcionantes” que deixan a Vigo fóra das prioridades deste Goberno en cuestións crave para a cidade e que representan reivindicacións históricas dos vigueses desde hai anos. Así, detallou que o goberno de Sánchez non ten intención de sacar adiante con celeridade a nova autovía Vigo-Porriño, ademais de non orzar “nin un euro” para a Biblioteca do Estado, para a conversión en tramo urbano da AP-9 en Teis e de relegar por parte de Zona Franca de Vigo a creación da Central de Transportes, “un dos proxectos máis importantes para os transportistas da nosa cidade”.
 
Ante este balance tan negativo, e a inexplicable reacción do alcalde socialista preguntouse tamén a portavoz popular se Caballero está a facer pagar aos vigueses o prezo de seguir de presidente da FEMP. “Resulta que os maiores beneficiados destes orzamentos son os cataláns e as comunidades gobernadas polo partido socialista e, en cambio, o alcalde socialista que tanto presume de presidir a todos os alcaldes de España, é incapaz de conseguir nada para a cidade. Ao contrario, demos moitos pasos cara atrás”, lamenta.
 
Neste contexto a líder dos populares anunciou que o Partido Popular exporá unha “batería de medidas” no Congreso, o Senado e o propio pleno municipal porque “alguén ten que defender os intereses dos vigueses” fronte a un alcalde que “Cando goberna o seu partido cala, mostra un silencio culpable, que para nós é intolerable”, conclúe.
 

Comisión O Marisquiño

 
Tras a súa comparecencia onte na Comisión de Investigación sobre o accidente de O Marisquiño, a popular alertou de que o goberno local está a buscar unha “escusa” para “eludir dar explicacións”. “Queren ocultar o que ocorreu e tapar a realidade”, profunda.
 
Elena Muñoz lembrou que o goberno local ha vetado todas as posibilidades de investigar en Vigo, e agora que se está facendo en Santiago a través do Parlamento de Galicia móstranse “moi nerviosos”. Muñoz lamentou que “tenten eludir dar explicacións” non acudindo a comparecer e que ademais estean a tentar que os funcionarios municipais chamados á comisión, tampouco o fagan. “Se non comparecen estarían a incumprir a lei, polo que esperamos que desde o Parlamento de Galicia se vaia ata as últimas consecuencias e estas accións teñan unha contestación legal”, incidiu.
 
A portavoz popular ha lembrado que na súa comparecencia de onte facilitou unha copia de toda a documentación que tiña á súa disposición aos parlamentarios, e destacou que desde o Partido Popular non teñen “nada que ocultar”, pero que “é evidente que o goberno local si”. Elena Muñoz resaltou que a pesar de entregar dita documentación, esta non é máis que un “expediente parcial” entregado polo Concello, xa que nel faltan documentos como “o seguro de responsabilidade civil ou as declaracións responsables”, algo que incumpre a lei e que o grupo popular xa levou ante os tribunais.

Comentar noticia

Your email address will not be published.