Elena Muñoz aposta por converter a Vigo nunha cidade referente na aplicación de medidas que “garantan o benestar animal”

A popular aposta pola creación de máis zonas específicas para cans e pon como exemplo a necesidade de delimitar na Praza da Miñoca 2 espazos que permitan a correcta convivencia entre mascotas e usuarios, como demandan os veciños
Publicado por o día 08/05/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

Elena Muñoz aposta por converter a Vigo nunha cidade referente na aplicación de medidas que “garantan o benestar animal”

A candidata popular Elena Muñoz visitou esta mañá a Praza da Miñoca onde defendeu a necesidade de apostar polo fomento do benestar animal en Vigo e “mellorar a convivencia, tendo en conta o incremento de mascotas na cidade”.
 
“Viñemos á Praza da Miñoca porque cremos que é un exemplo claro do que está a pasar nas zonas de convivencia entre as mascotas e os veciños”, sinalou, propoñendo, “como nos trasladan eles mesmos”, a delimitación da praza en 2 zonas que permitan a correcta convivencia entre mascotas e o resto de usuarios: “A zona de abaixo para un parque de cans onde poidan estar soltos e xogar.”
 
Neste marco, a popular anunciou a creación de ata 5 parques caninos na cidade, un deles agility “para que as mascotas poidan facer exercicio”, e desta forma dar resposta ás necesidades dos propietarios de mascotas que cada día son máis numerosos en Vigo.
 
“Cremos que é fundamental traballar pola convivencia. Debemos ver esa realidade e adoptar medidas concretas”, incide. Tamén fixo fincapé nas imprescindibles medidas para garantir a limpeza e a hixiene, así como a saúde dos animais. “Desde a administración local débese ter un papel activo neste sentido”, afirma.
 
A candidata popular tamén se comprometeu ao incremento das axudas para Asociacións e Protectoras de Animais de Vigo co fin de que poidan seguir realizando o seu traballo nunhas condicións óptimas. Ademais, fixo fincapé na necesidade de traballar en campañas divulgativas que “fomenten a adopción, a esterilización e o control das colonias” así como a creación de “un servizo específico que loite contra os malos tratos animais”.
 
“Vigo ten que ser unha cidade que se distinga polas súas medidas de apoio e convivencia e benestar animal”, prosegue Elena Muñoz, avogando pola colaboración con Asociacións de Veterinarios nas campañas de vacinación e a creación dun rexistro de todas as mascotas e “non só as potencialmente perigosas”. “Será unha garantía de que as mascotas están en bo estado, coas revisións e controis periódicos que necesitan”, destacou.
 

Praia para cans

 
Así mesmo, a candidata popular ha avanzado que recolocará a praia para mascotas da Calzoa e Foz ante os “problemas e inconvenientes que está a causar aos veciños da zona” e situaraa na parte final do areal de Samil, xa que esta presenta mellores condicións para que o uso das mascotas non interfira co dos usuarios que acoden ao areal vigués.
 
“En definitiva, un paquete de medidas para redundar na mellora da convivencia entre as persoas con mascotas e o resto de cidadáns, e demostrar que Vigo é unha cidade referente no traballo polo benestar animal”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.