Elena Muñoz aposta por “un Vigo máis igualitario” que elimine a brecha existente entre o centro e as parroquias

Promete destinar 30 millóns do remanente municipal para dotar de infraestruturas aos rural -centros de día, pavillóns e escolas infantís- e para mellorar o transporte, a iluminación e a seguridade das parroquias
Publicado por o día 13/05/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

Elena Muñoz aposta por “un Vigo máis igualitario” que elimine a brecha existente entre o centro e as parroquias

A candidata popular á Alcaldía, Elena Muñoz, participou hoxe nun mitin en Bembrive xunto ao candidato á Pedanía, Eduardo Vila, no que detallou o programa do PP para as parroquias de Vigo. Un programa que, como explicou, aposta por “un Vigo máis igualitario” capaz de eliminar a brecha existente entre o centro e as parroquias.
 
“Hai anos que algúns nos prometen un Vigo máis igualitario. Pero é mentira; non temos un Vigo máis igualitario”, subliñou a popular, quen convidou aos asistentes para “coller un Vitrasa para ir ao centro” e comprobar como poden tardar case unha hora.
 
Fronte a isto, Elena Muñoz desagregou un Plan Parroquias que inclúe non só melloras no transporte, a iluminación e a seguridade das zonas rurais de Vigo, senón tamén a construción de infraestruturas -centros de día, pavillóns, escolas infantís e piscinas municipais- naquelas parroquias que levan anos demandándoo.
 
“E de onde sacaremos o diñeiro”, cuestionouse a popular. “Pois moi fácil: do noso diñeiro; do remanente municipal. 30 millóns de euros que son nosos, dos vigueses, e que imos destinar a atender ás parroquias como se merecen”, respondeu, resaltando que, fronte ás “palabras baleiras que leva o vento” doutros, “o Partido Popular sempre cumpre as súas promesas”
 

“Vigo necesita un PP forte”

 
Así mesmo, a candidata popular ha subliñado que foron “a única oposición” durante o último mandato, sinalando que “Vigo necesita máis que nunca un PP forte” para “evitar que a rede de clientelar de Caballero siga estendéndose”.
 
Neste marco, Elena Muñoz lembrou “o que está a suceder en Vigo”, con casos como o enchufe da cuñada de Carmela Silva -que cobrou case 130.000 euros de todos os vigueses por un traballo que non fixo nunca, e polo que un funcionario vai ir máis de 5 anos ao cárcere-, que son só “a punta do iceberg”.
 
“Este goberno municipal ha tecido unha rede clientelar; e os únicos que nos atrevemos a denunciala somos nós”, incidiu a popular, quen apostou por un “un goberno que goberne para todos, e que non obrigue aos colectivos para calar”, que “é o que está a pasar en Vigo”.
 
“Non nos imos a calar; e tampouco nos imos a cansar de seguir traballando para levar o noso proxecto de cidade a todos os recunchos de Vigo”, concluíu a candidata popular.

Comentar noticia

Your email address will not be published.