Elena Muñoz comprométese a traer a Vigo unha compañía de baixo custo que voe a Madrid, Barcelona e Londres

A candidata popular subliña que Madrid suma o 70% do millón de pasaxeiros anuais de Peinador, e Barcelona case o 20%, e avoga por subvencionar ambos os voos para mellorar a competitividade das empresas e apoiar ás familias, ao turismo e ao comercio local
Publicado por o día 01/04/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

Elena Muñoz comprométese a traer a Vigo unha compañía de baixo custo que voe a Madrid, Barcelona e Londres
A candidata popular Elena Muñoz comprometeuse hoxe a traer a Vigo unha compañía de baixo custo que voe a Madrid, Barcelona e Londres. “Se son alcaldesa, a partir do 26 de maior vou garantir voos ao mellor prezo e con máis frecuencias a estes destinos para todos os vigueses”, incidiu.
 
Neste sentido, a líder dos populares explicou que Madrid suma nestes momentos o 70% do millón de pasaxeiros anuais de Peinador, mentres que Barcelona aglutina outros 180.000 viaxeiros ao ano. Por tanto, detalla, ambos os destinos aglutinan case o 90% do tráfico de pasaxeiros do aeroporto, motivo polo que avogou por subvencionar estes voos para abaratar custos que revertan na competitividade das empresas e e apoien ás familias, ao turismo e ao comercio local.
 
“Non se poden pagar os prezos que estamos a pagar para ir a Madrid e a Barcelona”, continuou Elena Muñoz, que tamén apostou por promover “o voo internacional máis demandado”: “Para iso, tamén traerei unha compañía de baixo custo que garanta voos a Londres os 365 días do ano”.
 
Neste marco, a candidata popular ha resaltado que Peinador é “clave” para o Partido Popular, e defendeu a necesidade de impulsar unha política aeroportuaria “que fuxa do conflito e de ocorrencias cortoplacistas” e planifique “a medio e longo prazo, contando cos sectores turístico, comercial e empresarial”. “Os máis de 2 millóns de euros anuais que nos gastamos os vigueses en subvencionar voos non serviron para consolidar ningunha ruta. Esta política aeroportuaria demostrouse que non funciona e foi un fracaso”, engade.
 
Así, Elena Muñoz apostou pola coordinación co resto de aeroportos de Galicia, a través do Comité de rutas aeroportuario. “Sen luces longas non podemos reconquistar e garantir o futuro de Peinador, nin competir co Porto, que nos segue gañando terreo de forma moi alarmante”.
 
“O 26 de maio temos a oportunidade de dar un xiro e impulsar unha política aeroportuaria que teña en conta as necesidades e a demanda da da cidade; que non sexan ocorrencias que acaben finalmente fracasando, senón apostas decididas e claras por voos que demandan familias e empresas de Vigo”, concluíu.

Comentar noticia

Your email address will not be published.