Elena Muñoz considera “bochornoso” o intento do concelleiro Rivas de “escurrir o vulto” na causa sobre a iluminación do Nadal na que está investigado

A popular subliña que, “como sucede co Marisquiño, para poñerse na foto son os primeiros, pero cando hai que asumir responsabilidades, o culpable é outro”
Publicado por o día 27/11/2018 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

Elena Muñoz considera “bochornoso” o intento do concelleiro Rivas de “escurrir o vulto” na causa sobre a iluminación do Nadal na que está investigado

A portavoz popular, Elena Muñoz, cualificou hoxe de bochornoso o intento do concelleiro socialista Angél Rivas de tentar “ escurrir o vulto” na causa sobre a iluminación do Nadal de 2016, na que está a ser investigado por suposta prevaricación administrativa.

A este respecto, Elena Muñoz sinalou que, tras escoitar as declaracións do edil socialista, “queda meridianamente claro que unha vez máis tratan de descargar a súa propia responsabilidade”.

“Como sucede co Marisquiño, para poñerse na foto son os primeiros, pero cando hai que asumir responsabilidades, o culpable é outro”, profundou.

Non en balde, e como lembrou a portavoz popular, o que busca o concelleiro Rivas ao “descargar a súa responsabilidade” sobre os funcionarios, é tratar de ocultar que foron o alcalde e el mesmo quen quixo facer esa “adxudicación custe o que custe despois do fracaso na tramitación orixinal do contrato”: “Todos lles vale, aínda que sexa con actuacións de dubidosa legalidade”.

Neste marco, Elena Muñoz preguntouse quen é o máximo interesado e utiliza politicamente as luces de nadal: “Estamos a velo estes mesmos días, que son os primeiros en poñerse na foto cando lles beneficia, pero os últimos en querer asumir responsabilidades por unha tramitación cuestionable”.