Elena Muñoz desvela que o goberno local consigna “outros 15,6 millóns dos impostos dos vigueses” para seguir pagando a indemnización do Auditorio

A portavoz popular sinala que esta cifra súmase aos 8 millóns xa comprometidos, elevando a contía a 23,6, e pregunta ao alcalde “de onde pensa sacar os 12 millóns que aínda faltan para terminar de pagar a quebra do Mar de Vigo”
Por o 30/10/2018 | Sección: Galicia,Partido Popular,Política,Vigo
Elena Muñoz desvela que o goberno local consigna “outros 15,6 millóns dos impostos dos vigueses” para seguir pagando a indemnización do Auditorio
Compartir en:
A portavoz popular, Elena Muñoz, destacou hoxe que o goberno local vén de consignar “outros 15,6 millóns de euros dos impostos de todos os vigueses” para seguir facendo fronte á “indemnización multimillonaria” do Auditorio Mar de Vigo.
 
“O alcalde continúa mentindo e afirmando que non nos vai a custar nada. Pero a realidade e os datos desméntenlle. Se xa hai uns meses aprobábase unha modificación orzamentaria de 8 millóns para a quebra do Auditorio, agora aprobaron outra por 15,6 millóns con cargo ao remanente, é dicir, con cargo aos impostos de todos os vigueses”, prosegue a candidata popular, que sinala que, deste xeito, comprometéronse xa un total de 23,6 millóns dos 35,2 que deben pagarse pola quebra do Mar de Vigo.
 
Deste xeito, expón a popular, “faltan aínda 12 millóns”, polo que “a pregunta obrigada é: de onde os pensa sacar?”. “Que vai facer, que
 
bens municipais vai vender para pagar a unha concesionaria despois da súa nefasta xestión?”, cuestionouse.
 
Neste sentido, Elena Muñoz apuntou que “todas estas cifras evidencian un fracaso de xestión polo que se querían poñer moitas medallas”, cando a realidade é que “estaban a facer peto para ter 100 millóns en caixa cos que pagar os pufos que xeraron”.
 

Aceptar a comparecencia

 
Por todos estes motivos, a portavoz popular ha confiado en que Caballero acepte mañá a comparecencia solicitada polo seu grupo para que dar explicacións sobre a quebra do Auditorio, e esixiulle “claridade e transparencia para contar a verdade”.
 
“Isto é unha quebra cunha indemnización paga polos vigueses, non é a compra estupenda que nos querían facer ver”, relatou Elena Muñoz, quen lembrou que aos 35,2 millóns derivados da mesma hai que sumarlle outros 35 xa pagados de Fondos Públicos. “En total, 70 millóns de euros de fondos públicos pagos con diñeiro dos vigueses”, engade.
 
Neste sentido, a portavoz popular ha cualificado de “insulto á intelixencia dos vigueses insistir en que todo isto vainos a saír gratis”, unha postura que, como explica, “supón reincidir na mesma mentira que nos estiveron contando todos estes anos”
 
“Hai moito que explicar; para empezar, por que se fixo unha modificación inicial do proxecto en 2008, que condenou xa entón á quebra ao Auditorio. Ou por que en todos estes anos non se arranxou nin se humanizou a zona para que o Auditorio puidese ser rendible. Ou por que non se tomou ningunha decisión neste tempo salvo inxectar diñeiro público con cargo ao peto dos vigueses”, concluíu.

Comentar noticia

Your email address will not be published.