Elena Muñoz lamenta a situación “insustentable” na que se atopan os traballadores da zona azul e urxe ao goberno local a achegar unha solución

A popular subliña que foi o executivo municipal quen xerou o problema ao adxudicar o contrato a unha empresa cuxa oferta económica era “ inconsistente”: “Nós votamos que non na mesa de contratación e advertimos que isto ía pasar”
Por o 29/11/2018 | Sección: Galicia,Partido Popular,Política,Vigo
Elena Muñoz lamenta a situación “insustentable” na que se atopan os traballadores da zona azul e urxe ao goberno local a achegar unha solución
A portavoz popular Elena Muñoz lamentou hoxe a situación “desesperada e insustentable” na que se atopan os traballadores da zona azul tras retomar unha folga que suma xa máis de tres meses, motivo polo que urxiu ao goberno local a achegar unha solución inmediata ao conflito.
 
Neste sentido, a líder dos populares criticou que o executivo municipal “mantéñase impasible” ante a situación que están a vivir estes traballadores e as súas familias, que levan todo este tempo “sen ingresar un euro e defendendo os seus dereitos”.
 
Unha situación, lembra, provocado polo propio goberno local, que xerou o problema ao adxudicar o contrato a unha empresa cuxa oferta económica era “ inconsistente”. “Nós votamos que non na mesa de contratación, e advertimos que a adxudicación traería problemas que pagarían os empregados, porque a oferta económica era inconsistente”, engade.
 
Neste marco, Elena Muñoz lamentou a “falta de humanidade” e a “gran hipocrisía” do alcalde, que “se suma a toda causa” que non teña que ver co Concello e “corre a apoiar a outros traballadores”, pero que cando se trata dunha concesionaria municipal “mira para outro lado” e dálle “ coa porta nos narices aos traballadores e ás súas familias, ignorándoos de forma bochornosa ao non dignarse nin a recibilos”.
 
A popular destacou a “lentitude” en solucionar o problema, e considérao un exemplo máis da incapacidade dun goberno que se pasa o día dicindo a outros o que teñen que facer pero que cando lles corresponde a eles “nin está nin se lle espera”.
 
“E agora non son capaces de arranxar o desastre que causaron e que están a pagar co seu diñeiro e a súa saúde os traballadores. Esixímoslle ao goberno local que tome cartas no asunto de forma inmediata e que deixe de tomar o pelo a estas familias, que teña respecto polas persoas e arranxe o problema”, concluíu.

Comentar noticia

Your email address will not be published.