Elena Muñoz lamenta que Caballero insista en “privar aos vigueses de Vitrasa gratis nas súas viaxes pola área”

A candidata popular sostén que a do transporte metropolitano é “outra guerra estéril e moi cara para os vigueses” sustentada por “a política do conflito do alcalde”
Por o 15/03/2019 | Sección: Galicia,Partido Popular,Política,Vigo
Elena Muñoz lamenta que Caballero insista en “privar aos vigueses de Vitrasa gratis nas súas viaxes pola área”
A candidata popular Elena Muñoz lamentou hoxe que Caballero insista en “privar aos vigueses de Vitrasa gratis nas súas viaxes pola área” tras reiterar a súa negativa para incorporar a Vigo ao Transporte Metropolitano. “Mentres que o noso alcalde perde o tempo divagando sobre se paga a Xunta ou paga o Concello, quen paga son os vigueses”, criticou a popular.
 
Neste sentido, Elena Muñoz referiuse a esta como “outra guerra estéril e moi cara para os vigueses”, sustentada “única e exclusivamente na política do conflito do alcalde”. “Vigo necesita outra forma de facer política, entendida desde a vontade de cooperación e non desde o continuo enfrontamento”, sinalou.
 
A líder dos populares indicou “hai 65 concellos en Galicia que apostan polo transporte metropolitano, e curiosamente só Vigo ve pantasmas”. “A pena é que os veciños están a perder aforros de máis de 600 euros ao ano”, engade.
 
Neste escenario, Elena Muñoz lamentou que Caballero perdese unha lexislatura enteira “negando a realidade, ignorando a legalidade e incumprindo a súa propia palabra”, xa que, como lembra, o propio rexedor asinou no seu día o convenio que agora se nega a cumprir.
 
“Co Partido Popular, os vigueses non pagarán transporte urbano cando vaian a Cangas, a Moaña, a Porriño ou a Baiona”, concluíu a líder dos populares.

Comentar noticia

Your email address will not be published.