Elena Muñoz lamenta que Vigo converteuse en “capital galega da pobreza” cun alcalde socialista que presume de repartir cada ano máis axudas sociais

Engade que estas axudas ademais chegan tarde tras resolverse con 5 meses de atraso con respecto ao prazo previsto na propia orde: “A xente come todos os días, necesita unha vivenda todos os días e paga o recibo da luz”
Por o 10/10/2018 | Sección: Galicia,Partido Popular,Política,Vigo
Elena Muñoz lamenta que Vigo converteuse en “capital galega da pobreza” cun alcalde socialista que presume de repartir cada ano máis axudas sociais

A portavoz popular, Elena Muñoz, lamentou hoxe que Vigo converteuse en “capital galega da pobreza” grazas á xestión dun alcalde socialista que presume de repartir cada ano máis axudas sociais. “É algo insólito; poñerse medallas porque se abonan cada vez máis cheques sociais, o que significa que en Vigo hai máis pobres que nunca”, resaltou.

Neste sentido, a líder dos populares indicou que o rexedor “parece perder a noción da realidade” xa que, a pesar de todos os datos negativos, “parece estar encantado”.

“Somos a cidade de Galicia con máis paro; a que máis tempo tarda en tramitar a RISGA, empregando máis de medio ano para iso; con máis desafiuzamentos; ou coa maior taxa de risco de pobreza. Esta é a política social da que presume o alcalde socialista de Vigo”, lamentou Elena Muñoz, quen reiterou tamén a falta de traballadores sociais que sofre desde hai anos o concello.

“Temos menos traballadores sociais que nunca: un por cada 30.000 habitantes, cando o recomendable é un por cada 8.000”, continuou, resaltando que, a pesar desta carencia, o concello prioriza outras áreas con “só 8 de 202 interinos contratados” neste campo.

Neste marco, a portavoz popular ha sinalado que o alcalde, ao que cualificou como “o rei da pobreza”, no canto de solucionar o problema, “parece facer o posible para que cada día haxa máis pobres” e, así, poder “ jactarse de que pagamos máis axudas sociais que nunca”. “Non, señor alcalde. Pagar máis cheque social que nunca é algo do que debería estar avergoñado; o que deberiamos é ter menos persoas en situación de necesidade”, incidiu.

5 meses de atraso

Unhas axudas que, ademais, e como lamentou a popular, “tamén chegan tarde” tras resolverse con 5 meses de atraso con respecto ao prazo previsto na propia orde: “A xente come todos os días, necesita unha vivenda todos os días e paga o recibo da luz”.

Neste marco, Elena Muñoz avogou por impulsar outro tipo de políticas sociais. Así, e como detallou, “política social é ter un Plan Xeral que evite que os alugueres sigan subindo en Vigo, disparando os prezos e as partidas do cheque social para arrendamentos”. “E política social tamén é baixar os impostos e axudar ás familias cando se teñen 100 millóns en caixa porque se é incapaz de executar”, engade.

“Esa é a política social que resolve problemas, non a que acode á beneficencia para que un alcalde poida colgarse medallas. Convén deixar de presumir e poñerse a traballar para mellorar a vida das persoas que máis o necesitan. Elas non queren esmola, senón unha cidade de oportunidades, que lles permita ter recursos suficientes para pagar a comida, a vivenda e a luz”, concluíu.

Comentar noticia

Your email address will not be published.