Elena Muñoz mantén un encontro coa A.VV. Novo Vigo para “atender as súas preocupacións e repasar todas as necesidades que ten o barrio”

A candidata popular destaca, entre as queixas trasladadas polos veciños, o “esquecemento do Goberno de Sánchez” para o soterramento da VG-20 e a falta de axilidade do Concello na tramitación do Plan Parcial
Por o 17/03/2019 | Sección: Galicia,Partido Popular,Política,Vigo
Elena Muñoz mantén un encontro coa A.VV. Novo Vigo para “atender as súas preocupacións e repasar todas as necesidades que ten o barrio”
A candidata popular Elena Muñoz mantivo un encontro con representantes da Xunta directiva da Asociación de Veciños de Navia, ‘Novo Vigo’, co obxectivo de “atender as súas preocupacións e repasar todas as necesidades que ten o barrio”.
 
Neste marco, a líder dos populares destacou, entre as queixas trasladadas polos veciños, o “esquecemento do Goberno de Sánchez” para o soterramento da VG-20 e a falta de axilidade do Concello na tramitación do Plan Parcial.
 
“Ambas as actuacións son fundamentais para o presente e o futuro de Navia”, detallou Elena Muñoz, que lembrou que a continuidade da tramitación do Plan Parcial atópase nestes momentos en mans do Concello, tendo en conta que a Xunta xa resolveu as alegacións pendentes.
 
Así mesmo, o encontro, no que participou a presidenta de ‘ Novo Vigo’, Ana Martínez, acompañada por María Pillado, así como o concelleiro Miguel Fidalgo, permitiu tamén analizar outras necesidades de Navia.
 
Entre elas, Elena Muñoz urxiu a mellorar a visibilidade e iluminación dos pasos de peóns en Teixugueiras, “para evitar atropelos”; a solucionar os problemas de aparcadoiro na zona, cambiando o estacionamento en liña polo de batería; a arranxar as deterioracións do parque Nelson Mandela, en especial a focha que suma anos de abandono; ou a solucionar as molestias que está a causar aos veciños os ruídos da pista de skate.
 
“Navia é un dos barrios máis importantes de Vigo e ten que ser unha prioridade para todos os gobernos”, continuou a popular, que felicitou a ‘ Novo Vigo’ polo labor que veñen desempeñando, convidándolles a continuar traballando nesta mesma liña.
 
Un esforzo, expón, co que poden contar coa colaboración do Partido Popular. “Estamos moi orgullosos de todo o que fixemos por Navia, e imos seguir traballando para mellorar o que hai que mellorar”, concluíu.

Comentar noticia

Your email address will not be published.