Elena Muñoz: “Non acepto leccións de Carmela Silva nin de democracia, nin de principios, nin de loita contra a violencia de xénero”

Considera que a presidenta da Deputación de Pontevedra debería explicar os pactos “ás agachadas” de Pedro Sánchez con Bildu e con quen quere romper España
A presidenta do Partido Popular de Vigo e candidata á Alcaldía da cidade, Elena Muñoz, afirmou hoxe que non aceptará “leccións” da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, “nin de democracia, nin de principios nin de loita contra a violencia de xénero e a favor das mulleres”, criticando ademais o seu uso con fins electoralistas.
 
“Paréceme vergoñoso que Carmela Silva volva utilizar ás mulleres politicamente e que queira que haxa mulleres de primeira e de segunda en función da súa cor política, tentando enfrontarnos”, afirmou Muñoz despois de que Silva cualificase de “terrible” que “mulleres candidatas do Partido Popular” haxan afirmado que non pechan a porta a posibles acordos con Vox.
 
O Partido Popular, indicou, ten “ clarísimo” que non dará “nin un paso atrás” na loita contra a violencia machista, “como demostramos”, lembrando, en referencia ao pacto subscrito en Andalucía, que se trazaron “liñas vermellas” que “en ningún caso traspasáronse”. “O que existe en Andalucía é un pacto con luz e taquígrafos e que todos os españois coñecen”, dixo, a diferenza dos pactos “escuros” e “ás agachadas” que fai o Partido Socialista de Carmela Silva “e que ela apoia” cos que queren romper España como Esquerra Republicana ou Bildu, que son “o contrario de quen apoio a convivencia e a Constitución”.
 
A presidenta do Partido Popular en Vigo lembrou que Carmela Silva votou na Deputación de Pontevedra en contra de apoiar e referendar a Constitución, incidindo en que é presidenta do órgano provincial grazas a un pacto co BNG, que irá en coalición con Bildu nas próximas eleccións europeas. “Iso si debería perecerlle terrible”.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM