A presidenta e portavoz popular, Elena Muñoz, solicitou hoxe á Xunta e ao Parlamento de Galicia o apoio á petición de que o abastecemento da cidade olívica sexa declarado “de interese xeral”, co obxectivo de que se poida levar a cabo un “plan integral” para solucionar os problemas de “cantidade e calidade” da auga, e que este poida ser financiado con fondos estatais e europeos. “En Vigo temos un problema grave que debe ser resolto con medidas claras e contundentes”, apuntou.
A líder popular ha sinalado que, con motivo do Debate sobre o Estado da Autonomía, espera que se asuma esta reivindicación ao ser un problema que “transcende o local”, por ser Vigo “a primeira cidade de Galicia”. Neste sentido, e tras a negativa no pleno municipal de Vigo para tratar este tema, Elena Muñoz confía que poida ser “asumido pola Xunta de Galicia debido a gravidade que presenta”. “É unha necesidade que temos en Vigo e que o goberno municipal non se quere tomar en serio”, lamentou.
A popular destacou a importancia de que esta declaración leve a cabo para, desta forma, poder acceder a axudas estatais e europeas que permitan acometer “investimentos de calado”, e insistiu na necesidade de facer un proxecto integral de mellora do abastecemento que resolva “para décadas” o problema coa auga en Vigo.
Unha declaración que, como lembrou, debe facela o Goberno central a través da lei de orzamentos ou mediante un RD que modifique a lei 10/2001, do 5 de xullo, do Plan Hidrolóxico Nacional. “Outras cidades como Ourense ou Pontevedra xa teñen declarado o abastecemento como de interese xeral”, detallou, remarcando que no caso de Vigo a problemática transcende o ámbito local debido ao “peso e importancia” que ten a cidade en Galicia.
Elena Muñoz resaltou os importantes problemas de cantidade de auga en épocas de seca como as vividas o ano pasado, e pide unha solución que como indicou, podería vir por medio, segundo consideren oportuno os técnicos, de “un transvasamento desde o Miño, a mellora do encoro de Eiras ou un novo encoro alternativo”, garantindo a cantidade adecuada de auga para Vigo e a área Metropolitana.
Potabilizadora obsoleta
Así mesmo, a edil popular ha denunciado a mala calidade da auga e os problemas de abastecemento que sofre Vigo, que, como lembrou, débense a “unha potabilizadora obsoleta” que cando baixa o nivel do encoro non é capaz de filtrar de forma adecuada a auga que provén do encoro.
“Hai que investir na súa actualización, porque non está a dar o servizo que debería dar”, puntualizou. Ademais, reiterou a necesidade de construír unha nova potabilizadora que complemente a actual e que poida garantir que chega “auga de máxima calidade” a todos os puntos da cidade.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.