A presidenta e portavoz popular, Elena Muñoz, puxo hoxe en valor a sanidade pública viguesa, encabezada polo Hospital Público Álvaro Cunqueiro. Unha infraestrutura sanitaria de primeira orde á que se referiu como “o mellor hospital público de Europa”, esixíndolle ao alcalde que deixe de usala como arma política arreboladiza.
“Me entristece enormemente escoitar sempre ao alcalde criticar a nosa sanidade pública na procura do seu beneficio político persoal. O Álvaro Cunqueiro é un hospital á vangarda do sistema sanitario nacional, e o alicerce sobre o que se sustenta a reordenación da nosa área sanitaria”, argumentou Elena Muñoz.
Unha valoración que, como lembra, “non realiza o Partido Popular, senón que a fan os propios vigueses” que, como destacou, deron un sobresaliente ao HAC na última enquisa de satisfacción. “Algúns pensan que Vigo son eles, e que só eles poden falar desta cidade. Pero os vigueses teñen voz propia, e están encantados co Hospital Público Álvaro Cunqueiro”, incidiu.
Neste marco, a líder dos populares lamentou a rapidez do alcalde para buscar “comparativas sen sentido” con outras cidades, lamentando que “cuestione a diario a sanidade en Vigo sen ningún tipo de argumento”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.