Elena Muñoz promete unha tarifa plana de autobús de 20 euros ao mes que permitirá aos usuarios viaxes ilimitados

A candidata popular aposta por aproveitar o fin da concesión para implementar unha xestión máis eficiente do transporte público, coordinando o autobús co servizo de taxis e mellorando o transporte ás parroquias
Publicado por o día 17/05/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

Elena Muñoz promete unha tarifa plana de autobús de 20 euros ao mes que permitirá aos usuarios viaxes ilimitados
A candidata popular á Alcaldía, Elena Muñoz, comprometeuse hoxe a implantar unha tarifa plana de autobús de 20 euros ao mes que permitirá aos usuarios viaxes ilimitados. Neste sentido, a popular apostou por aproveitar o fin da concesión do servizo o próximo ano para negociar esta mellora nas tarifas así como unha reordenación dos traxectos e a ampliación dos roteiros.
 
“É imprescindible unha xestión máis eficiente do transporte público, que nos permita tamén coordinar o servizo de autobús co de taxis para prestar un mellor servizo”, proseguiu a cabeza de lista popular, que puxo tamén o acento na situación que viven as parroquias.
 
Non en balde, e como detalla, o transporte municipal é un “claro exemplo do Vigo de primeira e de segunda no que vivimos”, con moitas parroquias do rural “abandonadas” e que tardan ata unha hora en chegar en autobús ao centro ou a infraestruturas fundamentais como o Hospital
 
Público Álvaro Cunqueiro. “Isto é inadmisible e claramente mellorable”, proseguiu Elena Muñoz, que avanzou tamén a posibilidade de prestar o servizo “a demanda” en determinadas parroquias.
 
Así mesmo, a candidata popular ha comprometido a gratuidade do servizo para menores de 18 anos e para os maiores de idade que continúan a súa formación educativa.
 

Os impostos máis caros de Galicia

 
Neste marco, Elena Muñoz resaltou que o servizo de autobús é “un bo exemplo de que en Vigo pagamos os impostos máis caros de Galicia”. Así, detalla, na cidade págase o autobús máis caro de Galicia, con 1,35 euros polo billete normal e 0,89 euros con bono, en contraste co prezo do bonobús doutras cidades como Santiago (0,6), Ourense (0,62), A Coruña (0,75), Bilbao (0,64) ou Sevilla (0,76). Ademais, o billete de autobús urbano é o terceiro máis caro de España, só por detrás de Madrid e Barcelona.
 
“Con Caballero de alcalde, o ticket normal incrementouse en máis dun 31%, e o bonificado, en case un 25%. Son estes os impostos máis baixos que nos vende o candidato socialista?”, cuestionouse Elena Muñoz, que reiterou, entre outras cuestións, que os vigueses pagan o IBI máis caro das 20 principais cidades de España ou por unha auga que non consomen.
 
Neste contexto, a popular reiterou a súa invitación ao candidato socialista a “baixar, se se atreve, da súa tribuna” e debater sobre estes e outros temas. “Ata agora negouse a debater cunha muller, pero espero que agora acepte. Vigo necesita recuperar un pouco de normalidade democrática”, concluíu.

Comentar noticia

Your email address will not be published.