Elena Muñoz: “Queremos baixar impostos, dotar de chan industrial ás empresas e simplificar a burocracia para volver facer de Vigo unha cidade de oportunidades”

Subliña que “algúns datos obxectivos fannos estar preocupados”: “Perdemos poboación; a facturación das empresas da área reduciuse en 10 anos unha 11% fronte ao incremento do 46% da comarca da Coruña, ou temos 4 puntos máis de paro que a media galega”
Publicado por o día 13/12/2018 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

Elena Muñoz: “Queremos baixar impostos, dotar de chan industrial ás empresas e simplificar a burocracia para volver facer de Vigo unha cidade de oportunidades”

A portavoz e presidenta do PP de Vigo, Elena Muñoz, participou hoxe no Almorzo CEP Actualidade Empresa, onde apostou por “unha baixada significativa de impostos, dotar de chan industrial ás empresas e simplificar a burocracia para volver facer de Vigo unha cidade de oportunidades”. “Está nas nosas mans volver ser unha cidade puxante, que atraia poboación e empresas, como xa fixemos no século XX, cando da man do Porto e da industria, fomos a cidade europea que máis creceu”, incidiu, antes de advertir que estes son “alicerces que se están debilitando”.
 
Neste sentido, a popular, que foi presentada polo presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga, subliñou que “algúns datos obxectivos, que figuran no IGE, no INE ou nos informes Ardán, fannos estar preocupados”.
 
Así, sinala, Vigo está a perder poboación, unha realidade que contrasta con outros concellos da área Metropolitana que a están gañando. Do mesmo xeito, prosegue, que “estamos a perder peso empresarial”.
 
“Comparando o informe Ardán de 2007 co de 2017 vemos que a facturación das empresas da área reduciuse neste tempo unha 11% fronte ao incremento do 46% da comarca da Coruña; e que o Valor Engadido Bruto hase estancado, incrementándose apenas un 0,4%, cando na área da Coruña disparouse un 68%”, detallou, engadindo que “temos 4 puntos máis de paro que a media galega” e que o número de empresas que tributan por IAE pasou nesta década de 4.300 a 3.800.
 
Unha situación que, como defendeu, pódese reverter tamén desde a política municipal. “Desde o ámbito local, nun Concello que manexa 250 millóns de orzamento, pódense facer moitas cousas, acompañando medidas autonómicas e estatais, e centrándonos naquelas medidas que nos permitan crecer para futuro”, destacou.
 

Impostos e Plan Xeral

 
Neste sentido, Elena Muñoz avogou por “aproveitar a política tributaria en beneficio de poboación e empresas”. “As nosas empresas pagan un 40% máis de IAE que as de Nigrán, ou un 25% máis que as do Porriño; e temos o IBI máis caro das 20 principais cidades de España”, detallou.
 
Unha política impositiva, cunha continua subida de impostos que, como relata, prodúcese nun concello que ten “as contas saneadas e case 150 millóns de remanente”. “Para unha administración pública, ter superávit é un fracaso. O diñeiro, onde mellor está é en mans de empresas e cidadáns, e non temos ningún obstáculo para baixar impostos”, profunda.
 
Así mesmo, a presidenta do PP de Vigo urxiu á elaboración dun novo Plan Xeral que sirva de “folla de ruta” capaz de definir “que modelo empresarial e de cidade queremos para as familias, para as empresas, para a nosa contorna, para o rural, para os nosos montes, durante a segunda metade do século XXI”. “Que modelo empresarial queremos? E que modelo para o desenvolvemento das nosas familias?”, cuestionouse, antes de advertir que “falar do 2022 ou do 2023 como data para unha novo PXOM demostra que non hai interese”. “Neste momento temos un urbanismo á carta que non atende os intereses xerais”, engade.
 

Menos burocracia

 
“Nós comprometémonos a facer un Plan Xeral, porque non podemos seguir poñendo parches a un plan do 93; temos que ser unha cidade planificada”, ha
 
resaltado Elena Muñoz, indicando que, “do mesmo xeito, temos que ser tamén unha cidade que facilite os trámites burocráticos”.
 
Neste sentido, a líder dos populares resaltou que “non pode ser, como publicaba o Banco Mundial nuns dos seus estudos de 2015, que en Vigo tárdense 300 días en realizar todos os trámites para abrir un negocio, máis do dobre da media europea”.
 

Grandes proxectos e infraestruturas de comunicación

 
A presidenta do PP de Vigo apostou por ser unha “cidade amable que abra as portas e coopere con outras administracións” para non perder proxectos estratéxicos entre os que citou o Campus de Excelencia de FP –“un proxecto de cidade que nos pon no mapa e que forma profesionais cualificados para as nosas empresas”- ou a Central de transportes.
 
Así mesmo, Elena Muñoz avogou tamén por impulsar o turismo e o comercio, “sectores fundamentais para Vigo” que ten que ser apoiados desde o ámbito local, acompañando ao autonómico e ao estatal. “Hai que buscar sinerxias e acordos, porque a confrontación xera inseguridade”, defendeu, apostando tamén polo impulso de importantes infraestruturas de comunicación como a gratuidade da peaxe Vigo – Redondela –“fundamental para reducir custos e gañar competitividade”-; o tramo urbano de Teis; a nova autovía Vigo – O Porriño –“e a gratuidade da autoestrada Vigo – Tui mentres tanto”-; o saída sur; o túnel de Julián Estévez; ou o AVE directo, “que seguimos e seguiremos apoiando independentemente de quen goberne”.
 
“En definitiva, debemos de deixar de pensar a curto prazo e evitar pensar no rédito electoral. Hai que tomar decisións de calado que realmente pensen no Vigo do século XXI. Se non facemos nada e seguimos discutindo, falando de todo menos do realmente importante, seguiremos perdendo oportunidades. O desenvolvemento de Vigo é o que nos puxo no mapa e o que seguirá poñéndonos no mapa para sempre”, concluíu.

Comentar noticia

Your email address will not be published.