Elena Muñoz referenda que Bouzas terá centro de saúde e pídelle a Caballero que se some e deixe de poñer trabas

Resalta que o rexedor “ten sobre a mesa, desde o 5 de setembro, a solicitude de licenza co proxecto presentado polo Sergas para que o Concello poida gañar tempo e facer os trámites necesarios paralelos ao informe de Patrimonio”
Publicado por o día 30/10/2018 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

Elena Muñoz referenda que Bouzas terá centro de saúde e pídelle a Caballero que se some e deixe de poñer trabas

A portavoz popular, Elena Muñoz, referendou hoxe que Bouzas terá centro de saúde e pediulle a Caballero que se some e deixe de poñer trabas. Neste sentido, a popular subliñou que “ao alcalde non lle interesa politicamente que Bouzas teña centro de saúde, e por iso segue enredando e movéndose no político lixo”, en referencia ao último intento do rexedor de “sementar a confusión” entre os veciños da vila cunha moción coa que só busca “mentir e desviar a atención”.
 
“Pero os veciños saben que vai haber centro de saúde; saben que se están dando os pasos necesarios”, continuou a popular, quen destacou que o alcalde ten encima da mesa, desde o 5 de setembro, a solicitude de licenza para esta infraestrutura. “Hai case 2 meses que o Sergas llo entregou para que o Concello poida gañar tempo e facer os trámites necesarios paralelos ao informe de Patrimonio”, engadiu.
 
A este respecto, Elena Muñoz resaltou que o goberno local, unha vez máis, aposta por “confundir e terxiversar a realidade”, e urxiu ao rexedor para abandonar esta forma de facer política e a dar os pasos oportunos para a concesión desa licenza, de tal forma que, “en canto chegue o informe de Patrimonio, ao día seguinte haxa licenza municipal”. “Se non é así, entón os veciños si que sentirán estafados”, apunta.
 
Neste marco, a líder dos populares sinalou que “o alcalde está desacreditado para falar de sanidade pública en Vigo”. Non en balde, e como lembrou, “leste é o mesmo alcalde que boicoteo o Hospital Público Álvaro Cunqueiro, que dicía que se ía a morrer xente ou que se ía a cobrar pola auga, cando a realidade é que agora temos o mellor hospital público de España”.
 
“E é o mesmo alcalde que dicía que non iamos ter pediatra en Coruxo, e agora témolo, pero desde logo non grazas a el, senón ao traballo de outros”, continuou Elena Muñoz.
 
“Por tanto, as mentiras do alcalde en sanidade pública xa son coñecidas. Con elas non vai conseguir enganar a un só vigués máis. A realidade do Centro de Saúde de Bouzas acabaralle pasando por encima unha vez máis”, concluíu.