Elena Muñoz reivindica a “política de feitos do PP fronte á política de xestos do PSOE que foi un desastre para Vigo”

A portavoz popular subliña que “a Vigo vai ben cando goberno o PP”, que pode “poñer encima da mesa” a conclusión do Eixo Atlántico, a Autoestrada do Mar, a ampliación de Rande, a nova depuradora ou a Tesourería da Seguridade Social”
Publicado por o día 06/03/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

Elena Muñoz reivindica a “política de feitos do PP fronte á política de xestos do PSOE que foi un desastre para Vigo”

A candidata do Partido Popular á Alcaldía, Elena Muñoz, reivindicou hoxe a “política de feitos do PP fronte á política de xestos do PSOE” que, como subliña, “foi un desastre para Vigo”. Neste sentido, a líder dos populares subliñou que “a Vigo vai mal cando goberna o PSOE e vaille ben cando goberna o PP” que, como detalla, é o “único partido” que pode “poñer encima da mesa proxectos de presente e de futuro”.
 
Entre estes proxectos, Elena Muñoz enumerou “a conclusión do Eixo Atlántico, que é unha realidade grazas ao PP”; a estación de AVE, “da que só existía un buraco cando chegamos ao goberno”; a Autoestrada do Mar; a ampliación de Rande; a nova depuradora, impulsada en colaboración coa Xunta de Galicia; a ampliación do aeroporto; a pasarela do IFEVI; ou a Tesourería da Seguridade Social.
 
“Por moitos contos que nos queiran contar, estas son realidades que levan o selo do PP”, incidiu a popular, quen lembra que, como contrapartida, “con os gobernos do PSOE non tivemos nada”, como se volveu a demostrar co último goberno socialista.
 
Neste sentido, Elena Muñoz subliñou que os 276 días do goberno de Sánchez deixaron en “evidencia” a Caballero, que permitiu a “freada á A-55, cuxo estudo ambiental deixou caducar este goberno, por moito que amenta o noso alcalde”; a paralización de “pasos que xa se deron”, como o compromiso para a supresión da peaxe a Redondela; ou atrasos “inxustificables”, como o da chegada do AVE directo ata 2030 como pronto.
 
“O AVE por Cerdedo sempre foi unha petición irrenunciable para nós. Cando ía estar en 2021, sumámonos á concentración de protesta organizada polo alcalde. E agora vemos sorprendidos como, a pesar de que o atrasan ao 2030 como pronto, o alcalde está encantado”, proseguiu a portavoz popular, quen resalta que a realidade é que ao rexedor “non lle importa o AVE, igual que tampouco lle importa o saída sur, “fundamental e estratéxica para Vigo, por iso pedimos que se rectifique o Plan director do Corredor Atlántico”.
 

Proxectos canalizados

 
Así mesmo, Elena Muñoz destacou que a nova Avenida de Madrid, a recuperación da muralla do Castro ou a estación de Thom Mayne son “proxectos que deixou canalizados Ana Pastor como ministra” e que agora quere “ plagiar” o alcalde.
 
Neste marco, a portavoz popular ha lembrado que, ademais da “freada do goberno Sánchez, o “único aval” do PSOE durante estes anos foi “levar o Porto Nodal á Coruña, prexudicar ao naval co Tax Lease, ou condonar a débeda ao Porto de Valencia sen darlle nada a Vigo”.
 
“Cos gobernos do PSOE non tivemos nada, só marcha atrás e abandono absoluto”, incidiu Elena Muñoz, quen subliñou que o PP ten “moi claro” o que Vigo necesita e esixirá todos estes proxectos “goberne quen goberne”, aínda que a “única oportunidade” de que Vigo volva ser unha “prioridade” pasa porque goberne o Partido Popular.