Elena Muñoz sitúa ao Partido Popular como a “única alternativa” en Vigo fronte ao “autoritarismo” dos últimos anos

A candidata arenga aos vigueses #ante a próxima cita electoral: “Enchamos as urnas de votos para frear a quen quere facerse dono e señor da nosa cidade”
Publicado por o día 23/05/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

Elena Muñoz sitúa ao Partido Popular como a “única alternativa” en Vigo fronte ao “autoritarismo” dos últimos anos

A candidata popular á Alcaldía, Elena Muñoz, situou hoxe ao Partido Popular como a “única alternativa” en Vigo fronte ao “autoritarismo” dos últimos anos. “Fronte ao modo despótico de entender a política dalgúns, a única alternativa real de cambio é o PP”, incidiu.
 
“Enchamos as urnas de votos para frear a quen quere facerse dono e señor da nosa cidade”, subliñou a cabeza de lista popular, quen lamentou os “constantes desplantes” do candidato socialista ao negarse a debater coa principal forza política da oposición.
 
“Eu xa estou afeita a que me ningunee, pero agora é aos vigueses aos que está a impedir que contrastemos proxectos e propostas”, lamentou.
 
Unha actitude que, como detalla Elena Muñoz, “di moito do carácter do candidato do PSOE, que se cre que está por encima do ben e do mal, e ata por encima da lei”, como demostra inaugurando obras en pleno período electoral con total impunidade, como é o caso da Praza de América.
 
Na súa opinión, tras unha lexislatura en branco o alcalde xa non engana a ninguén: “Foron catro anos perdidos, e agora pretende convencernos cun aluvión de obras que non parou de facer cousas”.
 
“Os obreiros que durante todo este tempo non se viron polas rúas de Vigo estiveron concentrados nas últimas semanas nas Travesas”, subliñou, ao tempo no que acentuou o alto custo da obra. “Dous millóns de euros que ben poderían investirse con maior utilidade nas parroquias do rural, que acumulan 12 anos de abandono por parte deste goberno local”, dixo a cabeza de cartel popular.
 
Fronte a este modo “rancio de entender a política”, con inauguracións “ilegais e no último minuto”, Elena Muñoz sinalou que o vindeiro domingo os vigueses ten a oportunidade de “recuperar un mínimo de normalidade democrática e institucional”. Algo para o que, como sinala, resulta imprescindible “un PP forte”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.