Elena Muñoz tacha de “surrealista” que Caballero presuma de que Vigo non terá PXOM antes de 2023

A portavoz popular destaca que “a cidade suma xa case 3 anos e medio sen Plan Xeral”, aos que agora, segundo o alcalde, hai que sumarlle “outros 3 anos e medio”
Publicado por o día 25/01/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

Elena Muñoz tacha de “surrealista” que Caballero presuma de que Vigo non terá PXOM antes de 2023
A portavoz popular Elena Muñoz cualificou hoxe como “surrealista” que o alcalde presuma de que Vigo non terá Plan Xeral antes de 2023. Non en balde, e como detallou, a cidade suma xa case 3 anos e medio sen PXOM”, aos que agora, segundo anunciou hoxe o rexedor, hai que sumarlle “outros 3 anos e medio”.
 
“No mellor dos casos, vai tardar un mínimo de 7 anos en facer un novo Plan, e ao noso alcalde parécelle unha extraordinaria noticia”, continuou a líder dos populares, preguntándose “que se estivo facendo durante todo este tempo”. “Caballero gozou dunha maioría absoluta que non sabemos para que lle serviu. Desde logo, para dar saída ao terrible problema urbanístico que sofre Vigo, non”, resaltou.
 
Así mesmo, Elena Muñoz detallou que con ese prazo de 3 anos e medio máis dado hoxe polo alcalde “non se axiliza nada”, xa que é “o tempo máximo que permite a ordenación provisional, desde a súa aprobación, para ter un novo Plan Xeral”. “Unha vez máis, o alcalde vai estirar os prazos, nunca a reducilos, porque o urbanismo non lle importa nada. Facer un plan supón traballo e preocupacións, e iso non vai con el”, lamentou.
 
Por este motivo, a candidata popular ha considerado que “mentres que Caballero sexa alcalde, Vigo non terá Plan Xeral”. “Demostrouno todos estes anos, o urbanismo é a última das súas preocupacións”, incide.
 
Unha indefinición urbanística que, como afirma, ten “graves consecuencias que sufrimos os vigueses a diario”. Así, expón, a falta de oferta fai que Vigo teña hoxe os alugueres máis caros de toda Galicia, ou empuxa a moitas empresas fóra da cidade por falta de chan industrial.
 
“Urxe un modelo de cidade para as nosas familias e para as nosas empresas. Non podemos seguir perdendo poboación e tecido industrial e, mentres tanto, presumir de que imos tardar nin máis nin menos que un mínimo de 7 anos en tramitar un Plan Xeral”, concluíu.