Elena Muñoz urxe a Caballero a “conceder xa” a licenza e lamenta que “lle moleste que os veciños de Bouzas vaian ter Centro de Saúde”

Subliña que o centro “conta co consenso dos veciños”, cos que se falou durante todo o proceso, e considera que é “unha extraordinaria noticia para a Vila” que hai que poñer en valor
Por o 09/01/2019 | Sección: Galicia,Partido Popular,Política,Vigo
Elena Muñoz urxe a Caballero a “conceder xa” a licenza e lamenta que “lle moleste que os veciños de Bouzas vaian ter Centro de Saúde”
A portavoz popular Elena Muñoz lamentou hoxe que a “Caballero parece molestarlle que os veciños de Bouzas vaian ter un centro de saúde”, urxíndolle a “conceder xa” a licenza municipal.
 
“É unha extraordinaria noticia que hai que poñer en valor, e que satisfai unha demanda histórica da Vila, pero ao alcalde parece molestarlle. Se está a favor, convídolle a que leste mesmo xoves leve a licenza ao Consello da Xerencia de Urbanismo”, detallou.
 
Neste marco, a portavoz popular ha destacado que a “única realidade é que o centro de saúde vai facer pese ao PSOE”, cuxa “extraordinaria idea cando gobernaba” foi facer un centro de saúde grande en Navia para que tamén fosen os veciños de Bouzas.
 
Fronte a isto, Elena Muñoz lamentou a actitude que está a ter o goberno local, o “único de España”, indica, ao que “lle fas un hospital público, e parécelle mal; e faslle un centro de saúde, e tamén lle parece mal”.
 
Neste marco, a portavoz popular ha destacado que a “única realidade é que o centro de saúde vai facer pese ao PSOE”, cuxa “extraordinaria idea cando gobernaba” foi facer un centro de saúde en Navia para os veciños de Bouzas.
 
“Esa é a gran achega do PSOE ás reivindicacións dos veciños de Bouzas. E agora que se avanza e o centro de saúde vai ser unha realidade, a algúns lles parece mal”, sinalou, e concluíu ironizando co cambio de discurso do goberno, que primeiro dixo que non se ía a facer e agora que presentan o proxecto e piden a licenza “din que é pequeno”: “Ao final todas as súas mentiras desmóntaas a realidade”

Comentar noticia

Your email address will not be published.