Elena Muñoz urxe a Caballero a desbloquear a área activando o transporte metropolitano tras “o seu último pau xudicial”

A portavoz popular subliña que a sentenza do TSXG constata que “ninguén se sitúa por encima da lei e que está en cuestión a legalidade da constitución da área”
Publicado por o día 17/10/2018 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

Elena Muñoz urxe a Caballero a desbloquear a área activando o transporte metropolitano tras “o seu último pau xudicial”

A portavoz popular, Elena Muñoz, subliñou onte que “o único responsable de que a área Metropolitana estea paralizada é Abel Caballero”, polo que lle esixiu, tras o último pau xudicial, que “rectifique e desbloquee a área activando o transporte metropolitano”.

Así, e en referencia á última sentenza do TSXG, coñecida onte, a popular afirmou que a mesma non fixo senón constatar que “ninguén está por encima da lei” e o que está máis cuestionado que nunca é que todo o que fixo Caballero na constitución da área foi ilegal”. Neste sentido, Elena Muñoz lamentou que o rexedor poña en risco “o soño de todos os vigueses e veciños da área” ao incumprir o convenio que “el mesmo asinara” coa Xunta impedindo poñer en marcha o transporte metropolitano.

Deste xeito, prosegue a popular, “unha vez máis un tribunal de xustiza quítalle a razón ao alcalde” evidenciando as sospeitas de que “todo o que se fixo en Vigo foi incumprir a lei”. “A lei é moi clara: sen transporte non hai Área Metropolitana”, apuntou, lembrando que a área acumula máis dun ano e medio de atraso e está paralizada porque “hai un alcalde que se quixo apropiar dela, saltándose a lei e incumprindo a súa palabra”.

Neste marco, Elena Muñoz convidou a Caballero a cumprir co convenio do transporte metropolitano para desbloquear de forma inmediata a área. “Que deixe de poñer pedras ao desenvolvemento futuro de Vigo”, incidiu. A edil popular ha criticado que esta paralización é froito da “particular guerra estéril” de Caballero contra a Xunta de Galicia. Unha guerra que como sinala, “non fai máis que prexudicar aos cidadáns, que non están a poder beneficiarse dos descontos no transporte”. “É outro exemplo da súa obsesión coa Xunta ‘caia quen caia’, e sempre os prexudicados son os vigueses”, lamentou Elena Muñoz. A portavoz popular ha cualificado de “curioso” que o alcalde de Vigo márchese hoxe mesmo a Oviedo para falar das áreas metropolitanas.

“Non se se o que vai explicar en Oviedo non o pode explicar en Vigo, porque aquí xa sabemos todos que el é o contrario ao espírito metropolitano e que a área non lle importa nada”, incidiu.