Elena Muñoz ve na ausencia do secretario do Concello na Comisión do Marisquiño “a antesala da flagrante ausencia do alcalde e dos seus concelleiros”

Manifesta a súa sorpresa porque o secretario, “órgano que ten encomendado o control da legalidade en calquera concello”, se chimpe a legalidade desta maneira e desprece ao Parlamento de Galicia
Publicado por o día 06/02/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

Elena Muñoz ve na ausencia do secretario do Concello na Comisión do Marisquiño “a antesala da flagrante ausencia do alcalde e dos seus concelleiros”
A portavoz popular Elena Muñoz resaltou hoxe que ve na ausencia de onte do secretario do Concello na Comisión de Investigación de O Marisquiño “a antesala da flagrante ausencia do alcalde e dos seus concelleiros”.
 
“Lamentamos que o secretario adoptase esta actitude, e temémonos que esa sexa a antesala doutras ausencias na Comisión e da negativa constante a dar calquera tipo de explicación”, incidiu a líder dos populares, quen considera que a decisión do secretario é “o último que ten que facer un funcionario público que debería manter sempre a súa absoluta e completa independencia”.
 
Neste sentido, Elena Muñoz resaltou que o secretario é o “órgano que ten encomendado o control da legalidade en calquera Concello”, o cal agrava un “boicot” sustentando en “saltarse a legalidade e desprezar ao Parlamento de Galicia”. Un marco no que resaltou a necesidade de que estes cargos, en calquera administración, manteñan a independencia en cuestións políticas.
 
A portavoz popular ha sinalado que esta actitude contrasta coa dos técnicos que, aínda sen ser capaces de aclarar todas as dúbidas que existen en relación ao accidente, están “a cumprir coa súa obrigación de declarar”. “O que é chocante é que outros se neguen a dar a cara”, engade.
 
Elena Muñoz subliñou que nas intervencións de onte non se aclarou por que non se tramitou unha licenza municipal como obriga a lei; nin por que se deu orde a un técnico municipal de seguir coa tramitación simplemente autorizando o descenso en bicicleta e os concertos, cando o que tiña que tramitarse era unha licenza conxunta.
 
“En definitiva, ninguén nos explicou por que se tramito este evento –que reúne a decenas de miles de persoas-, da mesma maneira que unha verbena popular. Esas son grandes incógnitas que aínda están encima da mesa e seguen sen despexarse”, concluíu.

Comentar noticia

Your email address will not be published.