Elena Muñoz visitou hoxe o IES de Teis

Por o 03/12/2018 | Sección: Galicia,Partido Popular,Política,Vigo
Elena Muñoz visitou hoxe o IES de Teis

A portavoz popular Elena Muñoz que, acompañada pola concelleira Teresa Egerique, visitou hoxe o IES de Teis, onde puxo en valor o ” importantísimo traballo” que desempeña este centro educativo, especialmente no campo da Formación Profesional, que suma máis de 800 alumnos do total de 1.011.

Neste sentido, Elena Muñoz destacou o “valor engadido” que outorga o centro aos seus alumnos con vistas á súa futura incorporación ao mercado laboral, poñendo como exemplos ciclos como os de Informática ou Estética. Un marco no que reivindicou a “importancia para Vigo e para o seu tecido empresarial” do proxecto do Campus de Excelencia de Formación Profesional, no aire tras a negativa da Zona Franca a apoiar a iniciativa. “É un proxecto fundamental para o noso futuro. O auxe da Formación Profesional, e a crecente demanda das empresas da nosa contorna de alumnos con capacitacións específicas, debería facer reflexionar a todo o mundo sobre a importancia deste Campus pioneiro”, subliñou.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.