Os Premios ás Mulleres Dona Maruja Gutiérrez 2019 -que este ano alcanzaron a decimoterceira edición- xa teñen gañadoras. A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a concesión destes galardóns de acordo co fallo do xurado, preidido polo alcalde, Rafael Cuíña; e composto polas concelleiras e concelleiros de Muller e Igualdade, María Jesús Sánchez; Comercio, José Manuel Fernández; Cultura, Lara Rodríguez; Turismo, Francisco Vilariño; así como pola psicológa do CIM, Teresa Rocha; polo axente de Igualdade, Celso Taboada; e pola secretaria técnica da AED, María Jesús García; actuou como secretaria a axente de igualdade, María Jesús Payo.
Finalmente saíron premiadas nas distintas categorías as seguintes propostas, das que achegamos os seus números de contacto:
XOVE EMPRESARIA: ELISA ABELEDO VILAR – Zapatería Huella
EMPRESARIA INNOVADORA: SANDRA VILAR FRADE – El vestidor de Chloe
TRAXECTORIA TODA UNHA VIDA: CARMEN AMORÍN PRESAS, Mª CARMEN BATÁN AMORÍN E MIRIAM LÓPEZ BATÁN – Mariany Infantil
MULLERES EN MOVEMENTO: ASOCIACIÓN CULTURAL SCENE BALLET DANCE DO DEZA –
A entrega de premios terá lugar o próximo día 8 de marzo, ás 20.30 horas, no Museo Ramón Mª Aller, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller Traballadora. As premiadas recibirán unha peza orixinal creada especificamente para este galardón, que ten como obxectivo distinguir a profesionalidade, a capacidade e a iniciativa empresarial, así como a traxectoria social e persoal da muller lalinense.
Noticias de última hora en Vigo