O goberno local contrata a mellora da accesibilidade das páxinas web municipais

A Xunta de Goberno Local aprobará na próxima sesión o expediente de contratación do subministro dun sistema de accesibilidade web para as páxinas de turismo, transparencia, a sede electrónica municipal e vigo.org.
Publicado por o día 08/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno local contrata a mellora da accesibilidade das páxinas web municipais

A Xunta de Goberno Local aprobará na próxima sesión o expediente de contratación do subministro dun sistema de accesibilidade web para as páxinas de turismo, transparencia, a sede electrónica municipal e vigo.org.

O alcalde avanzou en rolda de prensa que este novo sistema de accesibilidade web multifuncional será financiado con Fondos EDUSI da Unión Europea, dentro do programa Vigo Vertical, que procura a accesibilidade en tódolos ámbitos, e terá un importe de 41.400 euros.

Trátase dunha ferramenta adicional para estas páxinas web que permitirá a navegación accesible por recoñecemento de voz, por sopridos ou mesmo cun único pulsador para persoas que sufran discapacidades avanzadas. A previsión é poder iniciar a súa aplicación a partir do vindeiro ano.

Comentar noticia

Your email address will not be published.