Els Joglars na tempada de teatro de Afundación en Vigo

O sábado 11 de febreiro estarán no Teatro Afundación Vigo.
Por o 09/02/2017 | Sección: Cultura,Vigo
Els Joglars na tempada de teatro de Afundación en Vigo
Compartir en:

O Teatro Afundación Vigo acollerá o próximo sábado 11 de febreiro ás 21.00 h a obra Zenit: la realidad a su medida de El Joglars. A semana seguinte, o xoves 16 de febreiro, ás 20.30 h, será a quenda da Sede Afundación Pontevedra. As entradas para estes espectáculos están dispoñibles a través das canles habituais da entidade en Ataquilla.com ou ben no 902 504 500.

A nova proposta do emblemático grupo catalán Els Joglars é Zenit: la realidad a su medida, de Ramon Fontserè e Martina Cabanas. A obra amosa o desenvolvemento dun gran xornal, Zenit. Observamos con detalle as súas oficinas, o día a día dos xornalistas, as amizades e obrigas dos seus propietarios, o enfrontamento entre o xornalismo ético e a voracidade do medio. A súa cota de poder e influencia é proporcional ao número de vendas, e para iso non se dubidará en manipular, filtrar ou retocar a realidade. O elenco está formado por Ramón Fontserè, Pilar Sáenz, Dolors Tuneu, Xevi Vilà, Julián Ortega e Juan Pablo Mazorra.