Emilio Aragón presenta o seu novo espectáculo, Circlássica, no Teatro Afundación de Vigo

Ofrecerán un total de 7 funcións do 3 ao 6 de outubro
Publicado por o día 26/07/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Emilio Aragón presenta o seu novo espectáculo, Circlássica, no Teatro Afundación de Vigo

Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará a representación do espectáculo Circlássica, una historia de Emilio Aragón no Teatro Afundación de Vigo. Esta nova proposta de Emilio Aragón poderase ver o vindeiro mes de outubro, o día 3 ás 18.45 h, o venres 4 ás 18.45 h, o sábado 5 de outubro ás 16.30 e 19.30 h e o domingo día 6 ás 12.00, 16.30 e 19.30 h. As entradas xa se poden adquirir na web Ataquilla.com.

Despois da súa exitosa presentación en Madrid, chega a Vigo Circlassica, una historia de Emilio Aragón. Da man de Emilio Aragón, Produtores de Sonrisas (Circo Mágico) quixo render homenaxe con este espectáculo a todos eses artistas que un día se atreveron a soñar. Un show no que funambulistas, trapecistas e malabaristas, coa súa orquestra en directo, trasladarán ao espectador ao máxico mundo de Nim e Margot, o circo.

Soñar para vivir. Vivir para soñar. Soa a melodía dun pequeno órgano. Baixan as luces. Nim, un pallaso cándido, bonachón e inxenuo, no centro da pista, soña e suspira polo corazón de Margot, a bailarina. Señoras e señores, benvidos a Circlássica!

Comentar noticia

Your email address will not be published.