A Secretaría das Mulleres da CIG na Comarca de Vigo ten o pracer de contar con Emma Pedreira, o vindeiro luns 17 de decembro, dentro do Club de Lectura Feminista da CIG para comentar o seu libro “Besta do seu sangue” gañador do XXXV Premio Xerais de Novela 2018.
Para nós noticiasvigo é un pracer animar a que participedes, todos e todas as asistentes poderan estar con Emma, construir unha conversa activa sobre a historia inspirada na figura e no mito de Blanco Romasanta desde unha óptica que propugna unha revisión de xénero.
Para que a conversa sexa fluida recomendamosche ler o libro previamente.
Noticias de última hora en Vigo