Empeza a volta ao cole con Travesía Carrera

Publicado por o día 23/08/2019 na sección de Galicia,Vigo

Empeza a volta ao cole con Travesía Carrera

Todos os venres e sábados, comprendidos entre os días 6 e 28 de setembro, de 17:00 a 21:00 horas e os sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas, vive o apaixonante mundo do motor e as carreiras.

O Centro Comercial e de Lecer Travesía, coa finalidade de amenizar aos seus visitantes a volta ao cole e ao traballo, acollerá unha divertida e atractiva actividade: Carrera. Os clientes poderán gozar simulando o apaixonante mundo do motor, os rallyes e as carreiras de velocidade nun espazo acoutado para a ocasión na planta alta do Centro Comercial que contará con Circuito RC para xogar con vehículos de radio control, Mesas de Carrera GO e simuladores. Ademais, haberá unha zona especial Carrera First para os nenos de 1 a 3 anos.

Todos os venres e sábados, comprendidos entre os días 6 e 28 de setembro, de 17:00 a 21:00 horas e os sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas, os clientes do Centro Comercial divertiranse cun xogo que traspasou as fronteiras do tempo, convirtiendose nunha afección que fai gozar tanto a pequenos como a grandes.

Comentar noticia

Your email address will not be published.