Empeza unha nova edición da campaña “Cada neno un Xoguete” en Vigo

Publicado por o día 25/10/2018 na sección de Galicia,Vigo

Empeza unha nova edición da campaña “Cada neno un Xoguete” en Vigo
A campaña CADA NENO UN XOGUETE que se realiza en Vigo todo o nadal, destinada a familias con problemas económicos arrincará este próximo 1 de novembro coa mesma forza que lle caracteriza, sen axudas oficiais e con mais voluntarios que nunca.
 
Esta campaña que coordina Carlos leiro, produtor, realizador de TV , músico (guitarra do grupo 091 rock nos 80), community, e actualmente vicepresidente da Asociacion STOP de Vigo presidida por Angel Jesus Muñiz, chegou nos últimos 8 anos a mais de 3000 familias.
 
Nesta 9º edición de 2018 volvemos contar coa colaboración dos amigos de ELITE TAXI que serán os encargados de recoller os xoguetes que doen nos puntos de recollida repartidos por todo Vigo.
Puntos de recollida iniciais (a partir do dia 1 de novembro):
 
Almacen central: A NAVE DOS XOGUETES. – Rua Veiguiñas – Alcabre.

– Mercadillo La Casa de la Abuela Rua Zapateira, 8 (Canido- Vigo)

– Bar Florida.  Avd. Florida, 115 (Vigo)

– Centro Beysa. C/ Otero Pedrayo, 4. Traviesas (Vigo)

– Chikipandi. C/ Camiño dos Balandros, 2 (Chapela).

– Academia Fonseca. C/Serafín Avendaño, 18 (Vigo)

– Gallaecia Shop. Avenida Fragoso, 66 (Vigo).

– Floristeria Xazmin. Avd. Sanjurjo Badia 45. (Vigo)

– SCDR Helios de Bembrive. (Bembrive-Vigo)

– Limpiezas Galaecia. C/ Eugenio Kraff nº6 Bajo (Vigo)

– Peluqueria Sara Molares. C/ Martin Echegaray, 6 (Vigo)

– Peluqueria Luada. C/ Alonso Ojeda nº 13. (Vigo)

– Ondas de Canido. Camping de Canido – (Vigo)

– Eltor Motor. C/ Gerardo Campo, 1. (Vigo),

Nigran (Mister X El Museo del Tiempo en Patos) y Kukadas en Gondomar.

Durante este últimos oito anos repartimos mais de 30.000 xoguetes en Vigo e a súa área de influencia e enviado a varios puntos de Galicia a diversas asociacións.
 
Os dous últimos anos ademais viaxaron mais de 1000 dos xoguetes doados polos cidadáns vigueses a Siria da man da Asociacion de Apoio ao Pobo Sirio e a xornalista Katu Martinez Iturbe cos que colaboramos activamente.
 
Iago Aspas, Silvia Fominaya, Sergio Pazos, Miguel Costas, Moncho Borrajo, Xullo Castejon, Patricia Moon, Mani Moure, Fernando Franco, Pepo Suevos, Silvia Superstar, Jil Love, The refrescos,….son algúns dos 70 personaxes coñecidos que apoian a campaña que se realiza desde o ano 2010.

Premios influence awards 2016

Na edición do 2016 Carlos Leiro en nome da campaña encabezou durante mais de 15 dias as votacións dos Influence Awards no seu categoria MELLOR CAMPAÑA celebrados o 14 de Abril no Palacio da Prensa de Madrid, pola iniciativa social “CADA NENO UN XOGUETE”, coa que sumou mais de 12.000 votos dos internautas, moi por encima de marcas como Media Markt, Universal Pictures, Desigual, Hawkers, Paula Echevarría, Ron Brugal, etc.. Moi afastados da campaña viguesa quedaron Coca-Cola, Samsung España e Lóreal España ademas dalgúns famosos.
 
Os usuarios de Twitter foron os encargados de elixir aos “máis influentes” nas doce categorías dos Influence Awards, que por primeira vez celebraranse en España. Entre as categorías atópanse as de campaña, embaixador, vídeo, fotografía, impacto, experiencia e contido. Desta forma, os organizadores desta iniciativa fai partícipe á comunidade desta rede social, xa que é a que mellor coñece aos seus líderes de opinión nas distintas plataformas dixitais. As votacións estiveron abertas ata o 8 de abril. Por último, do 9 ao 14 de abril, votáronse aos tres primeiros de cada categoría. Os gañadores coñecéronse o día da gala.
 
Hawkers e Cada neno un xoguete empataron a 27% dos votos, sendo o xurado o encargado de desempatar, elixindo a Hawkers como Mellor campaña e quedando CADA NENO UN XOGUETE en segunda posicion.

Nesta edición

Nesta edición participan ademais de particulares varias empresas que doasen materiais para a manipulación, limpeza e envoltorio dos xoguetes. Unha empresa establecida en Vigo: PAPELYA, ofrece ademais da doazón de materiais a realización duns talleres nas súas instalacións onde os rapaces poderán aprender a decorar, envolver os agasallos, etc.
 
Habra varias recollidas de empresa como todos os anos, en colexios e mesmo a residencia BALLESOL recentemente asentada en Vigo, ofreceuse para colaborar na campaña cunha recollida entre os seus residentes e familiares.
 
Habra moitas novidades e novas adhesións alo longo deste mes de inicio como todos os anos, dos que vos iremos informando.
 
Esperamos que todo Vigo envórquese como en anteriores edicións.
 
Contamos coa vosa axuda.

Fotos das edicións pasadas