Empezan unha campaña para solicitarlle a Ikea atención en galego

Actualmente teñen na páxina web opción en castelán, catalán e euskera pero non en galego. O mesmo sucede na atención telefónica e na tenda onde todo está en castelán.
Publicado por o día 11/12/2017 na sección de Cultura

Empezan unha campaña para solicitarlle a Ikea atención en galego

Actualmente teñen na páxina web opción en castelán, catalán e euskera pero non en galego. O mesmo sucede na atención telefónica e na tenda onde todo está en castelán.

Desde a A MESA pola Normalización Lingüística, estiveron meses recollendo sinaturas até chegar a 28.000 apoios e a adhesión de diversas asociacións comerciais e empresariais para que se aprobe unha lei que garanta a atención en galego que evite estas discriminacións. A iniciativa lexislativa popular “Sentido Común” que promoveu a Mesa pretende rematar coas vulneracións de dereitos lingüísticos.

Segundo indican dende Ikea non teñen opción en galego porque non se solicita, polo que a campaña consiste en solicitalo a través do formulario que anexamos aquí https://www.ikeainfo.com/sac/formulario.php

De ser posíbel difundídeo entre as vosas amizades, persoas coñecidas para que colaboren coa campaña para eliminar esta discriminación.

Moitas grazas de antemán!