A empresa INCA retira a denuncia contra integrantes da Plataforma Lugo Cara o Miño e suspéndese o xuizo

Entre as nove persoas citadas a declarar estaban militantes e [email protected] do BNG no Concello de Lugo
Publicado por o día 10/03/2017 na sección de BNG,Galicia,Lugo,Política,Vigo

A empresa INCA retira a denuncia contra integrantes da Plataforma Lugo Cara o Miño e suspéndese o xuizo
  • A denuncia foi feita pola empresa que fixo un dique ilegal no río Miño e contra o que se mobilizou a Plataforma Lugo de Cara ao Miño

Suspendeuse o xuízo contra as nove persoas integrantes da Plataforma Lugo de Cara ao Miño que foran denunciadas pola empresa INCA. O responsable da empresa retirou a denuncia que fora interposta por unhas supostas coaccións nas obras de construción dun dique que se declarou ilegal e que tivo que ser retirado por esta empresa adxudicataria da explotación da Fábrica da Luz de Lugo.

Entre as nove persoas citadas a declarar estaban militantes e [email protected] do BNG no Concello de Lugo que representaban ao BNG nas mobilizacións contra as obras no cauce do río. O xuízo foi suspendido ao retirar os demandantes a denuncia por carecer de fundamento. A denuncia foi motivada por unhas supostas coaccións que segundo a edil do BNG Maite Ferreiro “nunca se produciron”.

Diante dos xulgados de Lugo foi convocada unha concentración de apoio ás persoas denunciadas á que asistiron máis dun cento de persoas a nivel individual e en representación de diversos colectivos sociais e forzas políticas. Os parlamentarios Olalla Rodil e Xosé Luis Rivas (Mini) apoiaron, en representación do BNG, ás persoas denunciadas. Os concentrados lembraron que 3 dos integrantes da plataforma permanecen encausados tras o xuizo que se celebrou fai unhas semanas contra eles.

Maite Ferreiro explico que “a concentración pola que fomos denunciadas foi pacífica e contra unhas obras que foron declaradas ilegais o que provocou que a empresa tivera que retirar o dique” ademais informou de que a Confederación acaba de abrir a vía para que o concello de Lugo poida recuperar a xestión da Fábrica da Luz e sinalou “quedou demostrado a teima do sr. García Gesto contra unha plataforma social e plural que solamente defende o río e que quere evitar que o Miño quede en mans dun especulador”.