“Estes dous deputados están traballando desde xa para abrir un diálogo e para conformar un Goberno de esquerdas no marco do Estado. Instamos ao candidato do PSOE á presidencia do Goberno a que aclare como quere constituír o goberno e unha maioría lexislativa no Congreso: se é con Unidas Podemos, o nunha gran coalición co PP», sinalaron os dous deputados electos de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz, que facían este lins unha valoración máis pausada e fonda dos resultados electorais obtidos nos comicios deste domingo.
Reiteraron, en primeiro lugar, o agradecemento a toda a xente que participou das eleccións en particular, e a toda a xente que confiou en Galicia en Común “para facer do noso espazo político a terceira forza deste país”.
“O obxectivo desta convocatoria irresponsable e inútil de Pedro Sánchez, como vimos decindo estes meses, era derrotar a En Común-Unidas Podemos. Semella que a volta ao bipartidismo segue vixente como hipótese para os poderes deste país pero os datos son tozudos e, aritméticamente, o bipartidismo sae mais débil deste proceso electoral, e nós traballaremos para outras sumas que sitúen a Galicia no vindeiro Goberno de esquerdas», incidiu.
O que nos preocupa realmente”, resaltaba Gómez-Reino, “é a irrupción e ascenso dunha forza que vai contra todo: a Constitución, a autonomía, os dereitos, as mulleres, as minorías, os inmigrantes. A forma de combater as expresións totalitarias da dereita e da ultradereita é con políticas sociais de esquerdas, pluralidade territorial e social».
Pola súa banda, Yolanda Díaz, facía unha lectura en clave galega dos resultados para lamentar que aos erros e irresponsabilidades de Pedro Sánchez nesta convocatoria electoral está a “entrega de novo ao PP de Galicia e a pérda da maioría absoluta no Senado, clave para bastantes cousas”.
“Toca falar dos problemas da xente e frear á extrema dereita con políticas que garantan protección social: estabilidade, cordón sanitario a VOX e orzamentos progresistas. Non se pode facer nada cos orzamentos de Mariano Rajoy”, insistiu Yolanda.
Respecto aos resultados, resaltou Gómez-Reino que se «hai algo claro no ADN progresista é que as divisións na esquerda sempre son negativas”.
“A ninguén se lles escapa que vimos de superar dous procesos electorais moi complexos con dúas escisións e pese a iso, estamos instalados na posición de terceira forza política no país e aspiramos a ser hexemónicos pola esquerda. Onte comenzou a carreira para acabar con Feijóo na Xunta, e para construír un Goberno estable que remate coas políticas do PP en Galicia”.
Por último, os deputados electos de Galicia en Común facían fincapé nunha idea de futuro e poñían o foco na necesidade de traballar para acabar con Feijóo e conseguir unha Xunta de esquerdas.
“A política non se fai mirando para os partidos. Os partidos son ferramentas para mudar e mellorar a vida da xente con proxectos solventes. O futuro pasa por aí e aí estaremos camiñando desde este espazo político», concluiu.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.